Santiago, 20 de outubro de 2021. O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España participe e se implique na mesa industrial, xunto coa Xunta, a representación dos traballadores e a empresa, para identificar posibles alternativas que permitan un futuro para os traballadores da fábrica de Vestas en Viveiro. Así mesmo, pedirá que o Goberno central demande, diante da Unión Europea e da Organización Mundial do Comercio, que se free a proposta de prohibir as subvencións á compra ou a cubrir os custos de combustible da frota pesqueira.
Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, informou que o vindeiro martes, e con anterioridade á celebración do Pleno ordinario, terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria para a designación do senador en representación da Comunidade autónoma que supla a Jesús Vázquez.
Respecto do Pleno ordinario, o Grupo Popular demandará medidas de apoio urxentes e acompañamento aos traballadores afectados polo ERE da empresa Vestas de Viveiro. Neste sentido, solicitará ao Goberno central que participe e se implique na mesa industrial para buscar unha saída aos problemas desta empresa, así como que cambie de actitude e aposte realmente por unha transición enerxética xusta e compatible co mantemento da actividade industrial que se está a ver altamente impactada pola actual estratexia enerxética que provoca o desmantelamento de empresas vinculadas a este sector.
Así mesmo, a proposición non de lei do Grupo Popular reclama o apoio do Parlamento galego á promoción de todas aquelas iniciativas no ámbito das enerxías renovables que conten coas máximas garantías técnicas, xurídicas e ambientais, fronte aos intentos de estigmatización deste sector, que provoca un impacto no seu desenvolvemento e na actividade empresarial e industrial asociada á produción de enerxía eólica, como é o caso da fábrica de Vestas.
En segundo lugar, o Grupo Popular solicitará ao Goberno central a través doutra proposición non de lei que demande diante da Unión Europea e a Organización Mundial do Comercio a paralización da proposta de prohibir as subvencións á compra ou a cubrir os custos de combustible da frota pesqueira.
“A pesca galega compre toda a normativa europea, respecta as cotas, non practica a sobrepesca, nin ten nada que ver coa sobreexplotación dos recursos pesqueiros”, asegurou Pedro Puy, polo que afirmou que a eliminación xeneralizada do combustible bonificado “é unha medida cando menos inxusta, xa que cargaría de novo un esforzo sobre a frota galega, que practica unha pesca responsable e sustentable en todos os mares”.
No apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase polas partidas destinadas nos orzamentos xerais do Estado para 2022 a infraestruturas viarias e ferroviarias en Galicia. “Botamos de menos algúns investimentos como a autovía Vigo-Porriño, que só conta con 100.000 euros; apenas ten fondos a autovía Ponferrada-O Barco; non se fala da saída sur do tren de Vigo; o tren A Coruña-Ferrol ten 17.000 euros; ou a extensión das peaxes da AP-9 á AP-53”, apuntou.
O Grupo Popular tamén se interesará polo impacto que ten a estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia en cada un dos eixos nos que actúa.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



