Abadín, 1 de outubro de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe un novo atropello político do Goberno de Rancaño, tras coñecer que se van instalar 11 aeroxeradores no Concello, “e non hai un só veciño ou veciña informada sobre este asunto”. ”Tampouco coñecemos si o Concello presentou alegación algunha a este proxecto”, dixo.
“O Concello de Abadín esta afectado neste novo proxecto de instalacións de aeroxeradores polo Parque Eólico Boura, que trala publicación no BOE deste anuncio, nada sabemos da postura do Concello sobre este proxecto eólico”. A empresa que impulsa este parque é GREENALIA WIND POWER BOURA, con domicilio social na Coruña, e instalará un total de 11 arexenadores de 72,8 MW.
Así as cousas a voceiro socialista explica nos concellos veciños de Pol, Meira ou Pastoriza son os propios concellos, os que están reuníndose e informando á veciñanza destas novas instalacións para dar a coñecer as afeccións ou aclarar as dubidas. “Pero unha vez máis no Concello de Abadín poñémonos á cola da transparencia, en facilitar información ou en resolver os problemas que puideran xerar sobre este proceso”, lamentou.
“A Rancaño e a todo o seu Goberno nin esta nin se lle espera, solo aparecen para pasear no coche oficial. Abadín necesita un goberno que traballe, que se preocupe e que informe dos proxectos á veciñanza. Non se pode deixar abandonado aos nosos veciños e veciñas. Abadín precisa un futuro mellor”, resumiu.



















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



