Viveiro, 15 de outubro de 2021. O portavoz do PP en Viveiro, Óscar Rodríguez, puxo en valor esta mañá en rolda de prensa o esforzo da Xunta de Galicia na mellora das infraestruturas do municipio, ao fío da aprobación polo Consello da Xunta da cooperación técnica e económica co Concello para solucionar os problemas na rede de saneamento de Celeiro e do novo emisario submarino, cunha inversión de máis de 3,8 millóns. Rodríguez destacou que a institución municipal terá que poñer a disposición os terreos necesarios para executar as obras, tramitar as autorizacións previstas e asumir posteriormente as actuacións que se leven a cabo. Rodríguez destacou: “Esperemos que o goberno municipal, presidido pola señora Loureiro, sexa capaz de atender en tempo e forma as súas obrigas”. Rodríguez lembrou que dende o principio do mandato, o PP tiña á vista posta na solución dos graves problemas de saneamento de Viveiro, e traballou para conseguir solucións, un traballo que agora dá froito: “Con toda humildade, pero tamén con firmeza, teño que dicir que foi preciso que o meu grupo actuara como un goberno paralelo, á vista da incapacidade de xestión demostrada pola alcaldesa e polo seu equipo”.
O portavoz popular destacou que as intervencións incluídas no proxecto redactado por Augas de Galicia teñen como obxectivo solucionar os problemas da rede de saneamento no núcleo de Celeiro e a condución de vertido da estación de tratamento de augas residuais de Viveiro. O prazo de execución das obras é de 12 meses. Está prevista a construción dun depósito de retención e impulsión en Celeiro, novo desbaste previo para a mellora do bombeo de Rego e mellora da condución de vertido da depuradora. O mesmo representante popular indicou que as obras proxectadas complementan ás que están en execución na estación depuradora de augas residuais de Viveiro, para ampliar a súa capacidade de tratamento; neste caso, o investimento é de catro millóns de euros e as obras estarán rematadas a comezos do 2022.
Óscar Rodríguez cree que está claro que “o goberno de Galicia, do PP, ao que eu represento, é o único que inviste de maneira transcendental en Viveiro; as obras de mellora dunhas infraestruturas de tanta importancia como son as do saneamento son un bo exemplo”.
Rodríguez considera que a estas alturas do mandato está claro que o PP constitúe “a única alternativa para mellorar Viveiro, para sacar ao concello do estancamento no que se atopa pola falta de xestión do goberno municipal”. Engadiu: “Nós seguiremos traballando arreo por Viveiro, con humildade pero coa mesma determinación coa que o fixemos ata o momento”.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



