Ribadeo, 25 de outubro de 2021. Acisa presenta de forma oficial a súa nova marca de promoción turística Ribadeo Porta do Camiño Norte coa que o colectivo pretende potenciar a vila como punto de partida e de paso do Camiño de Santiago e baixo a que prevé realizar diversas actuacións.
Francisco Iriarte, presidente de Acisa, explicou que “hoxe presentamos Ribadeo Porta do Camiño Norte, a nova marca turística rexistrada e propiedade de Acisa, coa que pretendemos levar a cabo diversas actividades para promocionar Ribadeo como vila destacada do paso do Camiño de Santiago. Quero agradecer ademais a compañía de Manuel Vicente, presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, xa que esta marca tamén ira moi ligada á promoción desta ruta, xa que Ribadeo é porta de entrada do Camiño Norte, pero tamén é punto de partida e de regreso do Camiño do Mar”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou “a importancia que ten para Ribadeo poder dicir que polo noso municipio pasan dous Camiños. E polo tanto faremos tamén pedagoxía da importancia que isto ten para o comercio e para a hostalaría locais. Estamos a falar de que cando recuperemos o 100% da normalidade nas nosas vidas por Ribadeo poderán pasar miles e miles de peregrinos facendo o Camiño Norte, pero tamén comezarán aquí todos os que queiran facer o Camiño do Mar. Isto implicará pernoctas en hoteis e albergues, almorzos, comidas e ceas, compras no comercio local e promoción da nosa vila”.
Pérez Prada dixo que “cada peregrino que pase por Ribadeo facendo un camiño é un potencial camiñante facendo o outro e un potencial turista noutra época do ano, que poderá vir acompañado de familia e amigos, por iso debemos espremer ao máximo o noso potencial dentro do Camiño”.
Iriarte Quintana insistiu en que “graza as a esta marca propia de Acisa, que sacamos adiante en solitario, imos poder realizar diferentes actuacións, algunhas propias e outras en colaboración co Concello de Ribadeo. Se todo vai ben poderemos anunciar a finais de esta semana a primeira das iniciativas, que poñeremos en marcha o mesmo día, pero non será a única, xa que no que queda de ano editarase material promocional para dar a coñecer esta marca. E xa de cara ao vindeiro ano pretendemos facer o maior esforzo. Estamos a traballar en diferentes sistemas de promoción de Ribadeo como vila relevante do Camiño de Santiago, poñendo en valor os dous camiños que pasan por aquí, o do Norte e o do Mar. Agardamos obter axudas para poder sinalizar ambas rutas, editar guías e facer campañas de promoción turística”.
Presidente e xerente engaden que “tras a pandemia Acisa quere centrarse no Camiño de Santiago e sacarlle o máximo partido ao Ano Xacobeo. Para iso os próximos presupostos contemplarán unha boa partida de fondos propios da asociación e esperamos axudas das administracións coas que estamos a traballar. Como este ano xa o vai facer o Concello, porque no novo proxecto de renovación da imaxe comercial e turística da vila podemos adiantar que se incluirá esta marca así como nos materiais que se entregarán este Nadal, grazas ao convenio do Concello. Este Ano Xacobeo pode ter unha repercusión económica moi importante na nosa localidade e nos temos que ter todo disposto para que sexa así”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



