Ribadeo, 26 de novembro de 2021. Onte tivo lugar no Cine Teatro o acto en conmemoración do 25 de novembro A mocidade proactiva contra a violencia de xénero. Proxectáronse os vídeos elaborados polos centros de ensino, houbo unha representación teatral e gardouse un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.
O evento foi presentado pola concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, que falou de como a violencia contra as mulleres é un dos principais problemas da nosa sociedade, facendo fincapé na violencia vicaria como aquela exercida sobre as mulleres co fin de causarlle o maior dano psicolóxico a través do homicidio, asasinato ou outra forma de violencia dos seus seres queridos. No acto resaltouse a importancia de evitar a vitimización secundaria para conseguir que non se sintan soas e non se desalenten á hora de iniciar accións encamiñadas a poñer fin á situación de violencia. Nos últimos anos proliferaron os casos de violencia de xénero, xogando un papel moi importante o uso das redes sociais. Precisamente, este ano o traballo colaborativo e proactivo realizado pola mocidade nos centros educativos de Ribadeo reflicte que tamén as redes sociais pódense empregar dun xeito responsable e comprometido contra a violencia de xénero.
A continuación foi explicado o significado do cartel deste ano no que aparece o lema Calar non e amar. Ti dona de ti, que foi deseñada por Lucía Miranda Santamarina, alumna de 1º de bacharelato do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Despois interviñeron os presentadores dos diferentes centros de ensino de Ribadeo que daban paso aos vídeos elaborados por eles. En primeiro lugar proxectáronse os Tik- Tokers contra a violencia de xénero a cargo do CPR Sagrado Corazón e o IES de Ribadeo. Logo tocoulle a quenda ao CIFP Porta de Auga cos seus vídeos de Instagram e á EOI de Ribadeo con vídeos gravados nos distintos idiomas que se imparten no seu centro. Co nome de Historietas contra a violencia de xénero tamén se visualizaron os cómics, que segundo indicou a concelleira Igualdade, serán proximamente editados.
Por último, mostrouse como a rapazada menor de 14 anos dos centros de ensino Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, empregou outros recursos gráficos facendo uns bonitos imáns para dar a súa propia visión sobre a violencia de xénero. Finalizou o acto cunha representación teatral, A historia de Pepa e Pepe, que escenifica a escaleira deste tipo de violencia, e cun minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



