O BNG vén de reunirse este martes con Aspanane para coñecer de primeira man o estado actual dos trámites para a consecución dunha residencia para persoas con discapacidade intelectual, que implicaría ser a primeira en ofrecer este servizo na comarca, así como a xeración de novos postos de traballo no Concello de Viveiro.
Preguntarase a veciñanza de Viveiro como están de avanzadas as dilixencias para este proxecto. A resposta é tan simple como lamentable: non hai nada.
En verdade, a situación está bastante peor que hai máis de dous anos, cando sospeitosamente antes das eleccións municipais e autonómicas o Concello, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia festexaban a viva voz na prensa un triplo acordo para financiar a reparación dun inmoble do cal ningunha das partes tiña a propiedade. O Colexio Vello de Celeiro pertence á TXSS do Estado.
Tras os malentendidos entre Concello e Xunta sobre quen tiña que realizar a solicitude de cesión do citado inmoble, e a posterior negativa da TXSS a cedelo, o equipo directivo de Aspanane decidiu solicitar por rexistro o 24/03/21 unha reunión conxunta coas tres partes implicadas así como co delegado do goberno.
Con todo, a directiva de Aspanane leva oito meses agardando por esa reunión e que os gobernos lles mostren unha vontade real por cooperar en conxunto para buscar alternativas e solucións que vaian máis aló de palabras que non se materializan.
“Dadme dos semanas” convertiuse na frase trending topic de María Loureiro. A máis escoitada pola asociación Aspanane, que manifesta a súa frustración e desánimo despois de case 3 anos agardando e sufrindo as consecuencias dunha cadea de despropósitos que parece non ter fin: Unha TXSS que se nega a ceder o Colexio Vello de Celeiro baleiro e en desuso para trasladar a EOI preto de onde está na actualidade. Un Delegado do Goberno que non se sentou coa directiva de Aspanane a pesar da solicitude de reunión que presentaron os directivos o 13/07/2021. Unha Consellería de Educación que non reclama o Colexio Vello como propio. E unha alcaldesa sen interese nin habilidades para axilizar os trámites.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



