Ribadeo, 16 de novembro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “coa construción do novo centro de saúde, o 061 contará con espazo propio dentro da mesma parcela -incluíndo aparcamentos cubertos para as ambulancias- e incrementará locais para mellorar as condicións laborais dos traballadores deste servizo público: unha nova sala de estar e dous dormitorios para o persoal das ambulancias”.
Vega considera “conveniente” que o 061 estea integrado no centro de saúde para reducir os tempos no caso da necesidade de trasladar algún paciente ao Hospital da Mariña. O popular explica que “nestes momentos o 061 está afastadísimo do centro de saúde e con pouco espazo para os traballadores”.
É por iso polo que o Grupo Municipal Popular lle esixe ao goberno local do BNG aportar uns terreos “céntricos” que faciliten o acceso para os veciños da vila, pero tamén “próximos á autovía” para comunicar rapidamente co centro hospitalario sen as dificultades do tráfico no centro da vila.
O popular explica que “o que queremos é mellorar os servizos sanitarios de Ribadeo”. Nese sentido, non entende “a actuación do goberno do BNG que, á primeira de cambio, xa pon problemas cando o que debería facer é traballar, xestionar e investir para o noso pobo”. Vega lamenta que “o BNG poña escusas” e que “a día de hoxe non hai unha parcela a disposición da Xunta para construír o novo centro de saúde”.
O Grupo Municipal Popular urxe ao goberno local do BNG a “actuar, a poñer a disposición da Xunta a parcela para a construción do centro de saúde que é o que queremos e o que queren todos os ribadenses”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.



