Lugo, 11 de novembro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, defende a designación de “Ría de Ribadeo” e, nese sentido, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento galego para instar á Xunta de Galicia a presentar recurso contra a Resolución do 29 de outubro de 2021 do Instituto Xeográfico Nacional que recolle o nome alternativo “Ría del Eo” co mesmo nivel de oficialidade que o de “Ría de Ribadeo” para a ría na que desemboca o río Eo.
Vega explica que “esta resolución contradí o principio da ONU que obriga a que en todo o mundo para cada lugar ou accidente xeográfico haxa un único topónimo. E esta lexislación internacional é de obrigado cumprimento para España”, remarca.
A Xunta de Galicia xa ten enviado ao Goberno central a valoración e o informe solicitado polo Consello Superior Xeográfico, dependente do Instituto Xeográfico Nacional (Ministerio de Fomento), que é o organismo encargado de decidir sobre os topónimos que afectan a máis dunha comunidade autónoma e que xa en 2008 ditaminou que o nome oficial desta ría era “Ría de Ribadeo”.
Vega convida á Xunta a “seguir liderando o proceso de defensa da designación patrimonial do topónimo oficial”. De feito, o Goberno galego foi a primeira administración en reaccionar trala solicitude do Principado de Asturias realizada ao Goberno central para o recoñecemento oficial do topónimo “Ría del Eo” traballando coa Comisión de Toponimia de Galicia.
Este órgano de estudo, asesoramento e consulta da Xunta para determinar as formas oficiais da toponimia galega, ditaminara no ano 2006 que a denominación Ría de Ribadeo fora a única oficial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que o Goberno da Xunta de Galicia instara, en todos os estamentos estatais e internacionais competentes, o mantemento exclusivo deste topónimo nos documentos e cartografía onde xa figura actualmente ou a substitución do topónimo Ría del Eo/ Ría do Eo polo de Ría de Ribadeo naqueles que optaron por esta denominación. “A Comisión de Toponimia de Galicia volveu insistir nos mesmos argumentos do seu ditame do ano 2006, pero agora é máis completo, se cabe, porque conta con máis achegas documentais e filolóxicas”, engade o popular.
O popular especifica algúns dos criterios que reafirman o topónimo Ría de Ribadeo: “é a denominación máis antiga, ademais de ser a xeral na cartografía de todos os tempos e a exclusiva ata o século pasado, o XX”. Recorda o popular, así mesmo, que “as rías son mar que entra terra dentro, por iso non reciben o nome dos ríos que achegan auga, senón daquela vila que antes ou mellor consolidou porto de mar. Por iso dicimos ría de Vigo, e non do río Verdugo, ou ría de Arousa, e non do río Ulla, por exemplo”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



