Ribadeo, 26 de novembro, 2021. A sétima edición do Festival de jazz & blues de Ribadeo xa ten cartaz e datas. Celebrarase do 4 ao 11 de decembro no Hernán Naval con estas actuacións:
4 de decembro, 20,00 horas: MARLANGO
Marlango é un grupo con claras influencias do jazz e o blues. O seu nome vén do tema «I wish I was in new Orleans» de Tom Waits, unha das súas referencias.
O proxecto Marlango xorde a finais do ano 98 en Madrid cando Leonor Watling, letrista e vocalista, e Alejandro Pelayo, pianista e compositor, gravan unha maqueta con catorce temas para piano e voz. En 2002 únese Óscar Ybarra, trompetista neoyorkino. Con esta formación, en 2004 Subterfuge edita o seu primeiro álbum “Marlango” con enorme éxito e unha xira por toda España de máis de 50 concertos esgotando entradas na maioría. Con este álbum conseguiron un disco de ouro e levaron a súa música a Xapón e Portugal.
A súa discografía continúa con Automatic Imperfection (2005), The Electrical Morning (2007), Life in the Treehouse (2010), Un Día Extraordinario (2012) e El Porvenir (2014).
En 2018 publican Technicolor (Altafonte) co que se embarcaron nunha xira intermitente de presentación entre teatros e salas do noso país e México que se viron obrigados a interromper. Durante o confinamento, Alejandro Pelayo e Leonor, traballaron na distancia para dar a luz a “A Crúa” a súa novo canción coa que regresan aos escenarios para volver celebrar “a vida e a música”.
8 de decembro, 20,00 horas: AUSTIN SLACK
Austin Slack é un músico novo Británico que con tan só 21 anos tocou máis de 1400 concertos, incluíndo dúas xiras por toda España e tocar nun gran número de salas, festivais…
A súa carreira musical empezou coa guitarra e colaborou cunha gran cantidade de músicos e bandas como, Maná, Steve Vai e Love of Lesbian. Algúns das súas grandes influencias son John Mayer, Prince e Muse.
En 2018 gravou os seus dous primeiros EPs e un single cunha gran variedade de sons e estilos no que demostra a súa habilidade de poder compoñer, producir e cantar.
Foi destacado no País como o Prodixio do Rock onde o comparan con artistas de alto prestixio como Prince ou Eric Clapton.
11 de decembro, 20,00 horas: ALFREDO GARCÍA QUINTET
“Blue Line” é o segundo proxecto de Alfredo García como líder dunha formación. A súa música, enraizada no jazz, aproveita o mellor doutros estilos (funk, rock e world music).
Blue Line non é un proxecto que xurda da nada, xa que supón a continuación do seu traballo como compositor e intérprete. Este comezou con Alfredo García Quartet e o disco Riding into a New Path (premio do xurado no concurso Fnac Jazz Fussion 2012), cuxo título xa suxire o que se propón neste novo traballo: un paso máis cara a un jazz aberto a múltiples estilos e influencias.
A súa inquedanza como músico levoulle a investigar novos formatos e a probar diferentes rexistros de aí o paso de cuarteto a quinteto.
Line up: Alfredo García (guitarra e composición), Bruno Couceiro (batería), Iago Mouriño (piano), Jose García (saxo) e Pablo Sanmamed (contrabaixo).
Entradas numeradas á venda: https://www.gameoverpro.es





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



