Santiago, 24 de novembro de 2021. O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de BNG e PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central que garanta o cumprimento da Lei de cadea alimentaria para evitar a venta a perdas dos gandeiros galegos, que recoñeza os resultados económicos da Conta Láctea ou outras aplicacións para a acreditación do custo efectivo da produción e facilite a constitución de organizacións de produtores lácteos axeitada ao tamaño das explotacións galegas. Así mesmo, demándase ao Goberno galego impulsar campañas de concienciación ao consumidor final sobre o papel esencial do sector primario, reforzar a promoción dos produtos lácteos galegos, apoiar a demanda de base territorial dos gandeiros e axilizar a constitución do Observatorio Lácteo Galego.
A portavoz popular do Medio Rural, Elena Candia, subliñou que o Goberno galego “ten un claro compromiso co sector lácteo” e referiuse en concreto ao desenvolvemento da estratexia de dinamización deste sector, “que aposta por consolidar unha relación equilibrada entre gandeiros, industria e distribución para que o valor xerado se reparta de xeito harmónico e tamén equilibrado”.
“Unha estratexia que busca consolidar Galicia como unha das principais rexións lácteas de Europa pero cun alto nivel de competitividade, sustentabilidade e capacidade de resiliencia”, manifestou Elena Candia. En concreto, avogou por aumentar a base territorial das explotacións gandeiras, “un obxectivo que se inclúe na recién aprobada Lei de recuperación da terra agraria galega con instrumentos como os polígonos agrogandeiros, os procesos de reestruturación parcelaria e a ordenación de usos especialmente importantes nas zonas de produción leiteira”.
Candia tamén se referiu “á importancia das axudas aos plans de mellora ou á incorporación de mozos e mozas á actividade agrogandeira”, que no vindeiro orzamento da Xunta para 2022 disporán de 72 millóns de euros.
RELACIÓN EQUILIBRADA
“Pero o importante é acadar unha relación equilibrada e ser capaces de reforzar a posición negociadora dos nosos agricultores e gandeiros”, indicou a portavoz popular. Neste punto, salientou a posta en marcha da aplicación Conta Láctea a través da que os gandeiros poden calcular os seus custos de produción e levar unha contabilidade rigorosa das explotacións lácteas.
Para rematar, Elena Candia asegurou que “o consumidor final tamén resulta clave”, polo que considerou necesario que “sexamos capaces de que perciba todo o traballo que leva consigo a produción láctea galega e a garantía de que o noso leite responde aos maiores estándares internacionais de calidade, de benestar animal e seguridade alimentaria”.
“O consumidor final ten que valorar o esforzo, traballo e entrega que hai detrás de cada litro de leite, e ten que saber recoñecer a resiliencia e sacrificio dun sector que foi adaptándose a moita normativa nos últimos anos e que sufriu moitas veces decisións equivocadas de gobernos”, sinalou.






















Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



