Barreiros, 19 de novembro de 2021. O PP de Barreiros demándalle ao goberno local máis celeridade na obra da rúa do centro de saúde paralizada dende fai un mes e que dote de iluminación esta céntrica rúa que comunica as vivendas sociais coa rúa principal de San Cosme onde se localizan os establecementos comerciais.
O portavoz municipal, José Manuel Gómez Puente, explica que “as obras comezaron a primeiros de setembro e, dende fai máis dun mes, non volveron traballar; a pesar de que están sen rematar”.
Así mesmo, indica que “é necesario dotar de alumeado a esta rúa de forma urxente porque nestes meses que hai poucas horas de día e ás oito da mañá que abre o centro de saúde que se atopa nesta rúa aínda é noite polo que os profesionais sanitarios e os pacientes teñen que acudir a escuras”. Igualmente, as persoas que participan nas actividades do centro sociocultural despois das seis e media da tarde atópanse cunha rúa totalmente a escuras”.
Os populares propoñen, cando menos, acender as dúas farolas que hai na fachada do centro de saúde – colocadas antes de comezar as obras- para “evitar caídas e a inseguridade que supón camiñar por esta rúa a escuras”.
Gómez Puente pídelle “sensibilidade” á alcaldesa con respecto ás persoas que teñen que camiñar por esta rúa para acudir ao centro de saúde ou a calquera outro lugar desta rúa”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



