Santiago, 3 de novembro de 2021. O Partido Popular de Galicia, a través dunha proposición non de lei rexistrada no Parlamento galego, unha emenda no Senado e mocións tanto nas deputacións provinciais como nos concellos galegos, demanda ao Goberno de España que no proxecto de Lei da cadea alimentaria, que na actualidade se está a tramitar na Cámara Alta, se garanta que todos os elos da cadea de valor láctea cobren polo seu produto un prezo que cubra, alo menos, os seus custos de produción e que esta esixencia se contemple de xeito particular no caso dos gandeiros. Ademais, pídese que no texto final desta lei se recoñezan os resultados económicos da Conta láctea galega ou doutras aplicacións oficiais como forma de acreditación do custo efectivo da produción.
A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, deu conta esta mañá no Parlamento galego destas iniciativas, nunha comparecencia na que estivo acompañada de varios deputados populares pertencentes á Comisión de Agricultura e Gandería.
Elena Candia lembrou “a difícil e preocupante situación na que se atopan moitas explotacións agrogandeiras a consecuencia da suba de moitas partidas que repercuten de maneira negativa nos custos de produción, como a forte suba do prezo da luz, a eliminación das bonificacións ao gasóleo agrícola e incremento do prezo das materias primas que compoñen o alimento do gando”.
MECANISMOS DE CONTROL
Diante desta situación, considerou “necesario que se axuste a reforma do proxecto de Lei da cadea alimentaria, actualmente en tramitación no Senado, para que se incrementen de forma sensible os mecanismos de control que impidan aos produtores vender a perdas ou por baixo dos custos de produción”.
“Non é suficiente a proposta contida no artigo 12 Ter desta lei, cando se refire a que cada operador deberá pagar ao operador inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custe efectivo da produción, polo que reclamamos que o prezo que se debe pagar ao produtor debe cubrir, alo menos, o custo de produción e sempre unha marxe de beneficio, como calquera empresario”, concretou.
Elena Candia manifestou que, para que esta reforma da Lei teña efecto real, “o Goberno central debe habilitar mecanismos de control específicos que garantan o cumprimento desta prohibición, especialmente nas relacións nas que interveñen os produtores do sector primario”.
Ademais, a portavoz popular afirmou que “debe entenderse como válido o custo efectivo de produción determinado a través de aplicacións ou plataformas informáticas especificamente deseñadas ao efecto por parte de organismos públicos de ámbito estatal ou autonómico con competencia en materia agraria”.
CONTABILIDADE RIGOROSA
Neste sentido, salientou que a Xunta “xa fixo os deberes dentro da Estratexia do sector lácteo coa creación da aplicación Conta láctea”, que promove unha contabilidade rigorosa nas explotacións lácteas galegas. Esta aplicación respecta escrupulosamente a normativa contable española e permite obter a conta da explotación e o custe de produción por cada litro de leite, entre outras funcionalidades.
Candia indicou que “a solución definitiva pasa pola necesaria concienciación do consumidor final sobre o carácter esencial que ten o sector primario na alimentación, ao tempo que se recoñece a importancia, tan demostrada durante a pandemia sanitaria que vivimos, de ter un sector primario ben construído no territorio galego”.
“Todo isto ten que terse en conta no prezo dos produtos, sendo esencial que se lexislen os mecanismos que aseguren que a repartición do valor engadido xerado chegue a todos os elos da cadea de valor, con especial consideración ao máis débil, que sempre é o operador do sector primario”, apuntou.
CAMPAÑA DIRIXIDA AO CONSUMIDOR
Así, a iniciativa que impulsará o PPdeG tanto no Parlamento galego, como no Senado, nas deputacións e nos concellos con máis presenza do sector gandeiro, demanda impulsar unha campaña de concienciación dirixida ao consumidor final sobre o papel esencial do sector primario no aprovisionamento de alimentos de calidade, ademais de reforzar a promoción dos produtos lácteos galegos, incidindo en aspectos como a seguridade alimentaria, o benestar animal nas explotacións e a diversificación da produción.
Para rematar, apóiase a demanda de base territorial para os gandeiros, como mecanismo de redución dos custos de alimentación; e a tramitación da constitución do Observatorio Lácteo Galego, previsto na Estratexia do sector lácteo, como instrumento que permita acadar unha mellor estrutura sectorial.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



