A primeira hora deste mércores realizaron un corte na LU-161 á altura de Landrove.

Así o manifeou tras visitar este domingo o mercado dos domingos, que supón impulso económico da vila. Vega recorda que o Grupo Municipal Popular colabora desde hai tempo coa Asociación A Sucadoira. Un colectivo que está traballando e impulsando moitas iniciativas. Este ano envasaronse os produtos execentarios que se lle entregaron aos colexios. Seguirase con este tipo de iniciativas para promocionar os produtos aos futuros consumidores. “Seguiremos apoiando o mercado dos domingos con diversas actividades, como poder ser a degustación do noso produto local”, di Vega.
O edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, participaron este sábado na entrega de medallas do galego alevín de natación, que se celebra este sábado na piscina municipal olímpica.
Este venres, no salón de actos da Casa da Cultura de Foz, presentouse o libro "Un año contigo", escrito por Raquel Amieiro e Pepe Peinó, no que se conta a experiencia de combater contra o cancro por parte da primeira, en tempos veciños co confinamento pola pandemia de Covid-19. Representantes da AECC, afectados por esta enfermidade, amigos e veciños reuníronse para escoitar as exposicións dos autores, os consellos da psicóloga Teresa Pérez e as cancións interpretadas por Aida Río coa súa estupenda voz. Nas vindeiras semanas o libro será presentado tamén nos concellos de Valadouro e Mondoñedo.
Compartiu uns intres con el e coa súa familia, e entregoulle un recordo de cerámica de Sargadelos. Na foto, ao seu carón, está a súa esposa, Herminia, coa que leva casado 81 anos, nada máis e nada menos.
O martes día 28 de xuño ás oito e media da tarde, estarána Libraría Bahía a esritora Xita Rubert para presentar a súa nova novela 'Mis días con los Kopp' editada pola editorial Anagrama. Trátase dunha novela de iniciación na que a autora aborda temas como a paternidade, a enfermidade ou a hipocresía social, cun estilo moi elaborado e unha profundade de análise sorprendente nunha escritora tan nova. Xita Rubert, moi vencellada a Foz por ser filla da escritora focega Luisa Castro, presentará no que dalgún xeito é tamén o seu pobo, esta súa primeira novela coa que comeza unha carreira literaria que agardamos sexa moi fructífera.
Arestora son 1568. Destes 50 están en hospitalización: 37 no Hula, 8 no Hospital da Mariña, 9 no Hospital de Monforte.
Seguindo a tradición, os pequenos comeron sardiñas, lavaron a cara coas herbas de San Xoán, saltaron a fogueira e puxeron fiuncho nas ventás; pasaron unha mañá diferente do máis divertida, na que tamén quixo participar a edil de Educación, Dolores García Caramés.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital