A Laracha (A Coruña), 17 de decembro de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o importante papel que desenvolven os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) na salvagarda e na difusión do patrimonio mariñeiro. Nesta liña puxo como exemplo a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), que naceu como un proxecto de cooperación destes grupos para divulgar a cultura vencellada co mar. Así o destacou durante a clausura da xornada de peche deste proxecto promovido por GALP de España e Portugal, que se celebrou esta tarde na Laracha e que foi inaugurada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.
A conselleira tamén incidiu en que, cos 27 espazos museísticos da rede REMA, Galicia move o patrimonio mariñeiro e o interese da poboación local e foránea pois o seu obxectivo é multiplicar a oferta museística local. De feito, ao abeiro desta iniciativa, organizáronse actividades como REMA 360º, que consistiu en desenvolver unha unidade didáctica para os centros educativos localizados nos territorios dos GALP sobre cultura mariñeira atlántica e en formato escape room virtual facendo un percorrido pola Rede REMA.
No marco deste proxecto tamén se creou o selo Remiña co obxectivo de converter nun centro de peregrinaxe os diferentes espazos con contido museístico mariñeiro localizados nos territorios dos GALP. Tamén se realizaron e desenvolveron, entre outros produtos, 10.000 miniguías ou fichas coleccionables dos espazos desta rede, paneis para a exposición O océano que nos une, unha unidade didáctica sobre o contido dos 27 espazos museísticos de REMA e seminarios para difundir contidos culturais.
Ao longo da xornada de peche deste proxecto Pasaporte REMA, á que tamén asistiu a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, presentáronse resultados de distintas actividades realizadas dentro desta iniciativa. Ademais, entre os que completaron o Pasaporte REMA, entregáronse cestas con produtos mariñeiros elaboradas polas redeiras de Corme e premiáronse aos museos que selaron máis pasaportes (selo Remiña). A maiores, na parte final da xornada, o artista Ramón Trigo realizou un mural para o Centro Comunitario de Caión.
O Pasaporte REMA é unha iniciativa que ten a súa orixe no proxecto Morada Atlántica, que desde a súa posta en marcha buscou fomentar a cooperación transfronteiriza e a transferencia de coñecemento dos territorios costeiros do arco atlántico galego e portugués. O seu labor permitiu diversificar e desestacionalizar a oferta turística dos dous territorios usando a cultura do mar como base.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).