Viveiro, 17 de decembro de 2021. O Concello de Viveiro leva varios meses realizando diferentes iniciativas encamiñadas a converter Viveiro nunha cidade amiga da infancia recoñecida por UNICEF.
No Concello de Viveiro nace en setembro de 2021 o Grupo de Participación Adolescente: “Participación Viveiro Xove” (P.V.X). Un espazo no que as e os adolescentes séntense escoitadas/os e seguras/os, onde poder expor libremente as súas ideas, opinións e propostas.
Este grupo representa a unión e responsabilidade da xuventude por e para o seu Municipio. O seu obxectivo fundamental féacer de Viveiro xunto co labor do Concello, unha Cidade Amiga da Infancia, recoñecida por Unicef. Por todo isto, o Concello de Viveiro anima á mocidade entre 12 e 18 anos a sumarse nesta fermosa iniciativa.
O Concello de Viveiro impulsou a creación deste Grupo de Participación Adolescente coa colaboración da Asociación “Branque”, a cal se atopa involucrada no desenvolvemento deste proxecto tan interesante para a comarca. Alejandro Ramos Rodríguez, como membro da asociación e responsable desta iniciativa impartiu varios obradoiros de promoción, os días 16 e 17 de setembro, no IES María Sarmiento, centro educativo actualmente representado neste grupo por seis rapazas e catro rapaces de 3º e 4º da ESO. Tras contactar tamén co IES Vilar Ponte, incorporáronse na sesión do martes 14 de decembro dúas rapazas que cursan actualmente 1º de bacharelato neste instituto. Neste dispositivo, realizaranse os vindeiros obradoiros de promoción o 14 de xaneiro de 2022, coa finalidade de incrementar a representatividade do Grupo de Participación Adolescente enriquecendo deste xeito as súas aportacións.
Tras tres sesións de traballo, o grupo xa ten creado o seu logotipo e decálogo de traballo baseado nos valores máis importantes para eles: o respecto mutuo, a democracia, a empatía, a igualdade, a inclusión, a diversidade, a solidariedade, a actitude positiva, o humor, a creatividade, a saúde emocional, a responsabilidade, o compromiso, a cooperación, a colectividade e a sinceridade.
Asemade, os menores propuxeron ao Concello ideas que se terán en conta na elaboración das programacións culturais. En primeiro lugar, a creación dun “Scape Room” dos dereitos da infancia durante o Entroido. Por outra banda, a decoración de espazos de Viveiro con lazos violetas con mensaxes feministas polo #8M, Día Internacional da Muller. Asemade, levaron a cabo unha análise DAFO de Viveiro, segundo a súa opinión.
A información obtida foi trasladada á Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez, a cal unha vez avaliada servirá para a elaboración do Plan de Infancia da vila, e, igualmente, para que o resto de concelleiros que conforman a Equipa de Goberno poidan reforzar as fortalezas detectadas polos adolescentes, tratar de reducir as debilidades e por último, valorar as posibles oportunidades.
O mércores 24 de novembro a concelleira de Benestar Social mantivo unha reunión telemática con Marta Andrade Blanco, Responsable de Sensibilización e Políticas de Infancia de Unicef Galicia.
“Durante a mesma clarificáronse os pasos a seguir para converter a Viveiro nunha das primeiras cidades Amigas da Infancia da nosa provincia. Para lograr este obxectivo constituiremos un Consello de Participación Xuvenil e unha mesa de coordinación interna, como espazo de diálogo e traballo conxunto a nivel de Concello. Coa colaboración tanto do Grupo de Participación Adolescente como de técnicos, representantes políticos e profesionais do noso Concello elaboraremos un diagnóstico da situación do noso pobo, realizando un análise pormenorizado das necesidades dos nenos, nenas e adolescente, como elemento sobre o que sustentar o noso futuro Plan de Infancia”, subliña Victoria Baamonde Gómez, concelleira de Benestar Social de Viveiro.
Por último, no marco do convenio de colaboración asinado entre UNICEF Galicia, a Consellería de Política Social e a FEGAMP, Lorena Mera, técnica de xuventude do Concello de Viveiro participou nas IX xornadas formativas da iniciativa Cidades Amigas da Infancia en Galicia baixo o título “Estratexias para a promoción da Participación Infantil e Adolescente no ámbito local”. Estas xornadas tiveron lugar os días 14 e 15 de decembro en liña co obxectivo de dotar aos municipios dos coñecementos e ferramentas necesarias para promover o cumprimento do dereito á participación dos nenos, nenas e adolescentes das súas localidades, dando conta de diferentes experiencias e iniciativas no eido local, de participación infantil e xuvenil, en varios concellos de Galicia, Asturias e Cataluña.


























Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



