Lugo, a 17 de decembro de 2020. Os senadores lucenses, José Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manuel Varela e Juan Serrano, fan unha fronte común co resto de senadores de Galicia para presentar máis dunha trintena de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para a provincia. A reunión, celebrada na Cámara Alta, serviu para profundizar e reforzar algunhas das peticións comúns, e que xa foron dadas a coñecer con anterioridade. Están referidas ás infraestruturas, principalmente.
Os representantes da provincia en dito organismo confían en que a negociación cos demais grupos parlamentarios, incluíndo aos senadores socialistas de Lugo e de Galicia, para aprobar ditas emendas teñan un resultado positivo. Neste senso, os populares lucenses lembran que as iniciativas presentadas pretenden “corrixir o agravio de Pedro Sánchez e do PSOE con Lugo”. Tal é así que suman preto de 50 millóns de euros. As máis destacadas son as seguintes:
En infraestruturas viarias: a autovía da Mariña lucense, a A-74, incluíndo de forma nominativa partidas para os treitos San Cibrao-Burela, Foz-Burela, Foz-O Carme e O Carme-Barreiros; N-VI, en Outeiro de Rei, mellora da seguridade vial e construción dunha glorieta no punto quilométrico 213; intercomunicador A-54 e N-540, en Guntín; circunvalación de Monforte de Lemos, enlace Monforte este-Barrela; autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada; autovía Lugo-Ourense; mellora da N-634 e da N-540.
En materia ferroviaria, os populares incluíron a renovación e electrificación da liña Monforte-Lugo, ademais da renovación da liña Vegadeo-Ferrol.
En materia de augas e transición ecolóxica, saneamento e depuración dos concellos de Monforte de Lemos, Castro de Rei, Portomarín, Vilalba e a eliminación de pluviais e tanque de treboadas en Chantada.
En materia de interior, construción da nova comisaría de Lugo e creación dunha Unidade de Seguridade Cidadá na Comandancia da Garda Civil, ademais dunha Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional. Neste apartado tamén se contemplan partidas para a reforma dos centros penitenciarios de Bonxe e de Monterroso.
En materia de medio ambiente: construción da Gran Senda do Navia e conservación das Reservas da Biosfera Terras do Miño, Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Río Eo, Oscos, Terras do Burón.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



