Lugo, 4 de xaneiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este martes o tradicional Belén Viveiro ante o Berce e as instalacións da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), iniciativas coas que colabora a institución provincial. José Tomé estivo acompañado da Alcaldesa de Viveiro e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.
A institución provincial colabora co Concello para ofrecer o Belén Viveiro ante o Berce cunha achega de 35.000€, que permite a instalación deste recurso que cada ano atrae a numerosos visitantes. Sitúase no entorno da Igrexa de Santa María e fronte ao convento das Dominicas, no centro histórico da cidade do Landro.
O Concello de Viveiro foi recoñecido por este proxecto na última edición dos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense, promovidos polo Consello Provincial de Turismo, un ente que impulsou e que preside a Deputación de Lugo.
Ademais desta colaboración económica para impulsar o turismo durante as datas de Nadal, a Deputación achega ao Concello de Viveiro 500.000€ a través do Plan Único deste ano 2022 para desenvolver actuacións municipais. Así mesmo, o Presidente anunciou un investimento de 100.000€ en Viveiro para solucionar os problemas estruturais do paseo marítimo.
Visita a ASPANANE
Durante a visita ao municipio mariñán, José Tomé tamén se achegou a coñecer as instalacións de ASPANANE. A institución provincial colabora con esta entidade cunha achega de 5.000€ ao ano para a promoción dun programa de apoio na atención e coidados a persoas con necesidades especiais.
A través deste acordo, a entidade viveirense conta cun coidador para o Centro de Día, que serve de apoio para a realización das actividades básicas da vida diaria. ASPANANE dispón dun Centro Ocupacional e un Centro de Día para persoas con Discapacidade Intelectual.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



