Lugo, 3 de xaneiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, asinaron un convenio de colaboración polo cal a institución provincial achegará 44.000€ para acometer melloras nas instalacións e equipamento dos vestiarios e ximnasio do polideportivo deste concello mariñano.
Os traballos consistirán en actuacións de acondicionamento da zona dos vestiarios e o ximnasio, así como da dotación de equipamento básico para o bo funcionamento desta instalación deportiva.
“Por fin podemos acometer estas melloras, que son unha demanda histórica deste concello. Levábamos dous anos solicitando axudas á Xunta de Galicia para facer estes traballos, pero rexeitáronnolas. Trátase dunha dotación fundamental para os veciños e as veciñas de Trabada e agora, grazas á Deputación, poderán desfrutala”, explicou García Bermúdez.
Pola súa banda, o Presidente subliñou que “a Deputación é o Concello dos Concellos, e como Concello grande ten como prioridade colaborar e axudar na medida das súas posibilidades para que cada concello da provincia poida desenvolva actuacións que non poden abordar por si sos e que sirvan para dotar de máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas”. Nese senso, Tomé Roca garantiu a vontade da Deputación de seguir apoiando ao Concello para mellorar a vida da veciñanza de Trabada.
Esta nova colaboración económica de 44.000€ que fai agora a Deputación de Lugo con Trabada súmase, entre outras, ao investimento de preto de 255.000€ que a institución aporta ao Concello a través do Plan Único deste ano 2022.























Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


