Lugo, 26 de xaneiro de 2022. Socialistas e nacionalistas, por máis previsibles que son as súas reaccións fronte ás propostas populares, teñen demostrada unha inesgotable capacidade para sorprender coas súas xustificacións para dicir non a canta iniciativa presenta a oposición. Ocorreu de novo no pleno do pasado martes; inexplicablemente, evitaron criticar as declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, nas que puxo en dúbida a calidade da carne producida en España. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “No día de onte vivimos un feito inaudito no pleno da Deputación de Lugo: o PSOE e o BNG lucenses xustificando ao señor Garzón; si as manifestacións do ministro de Consumo do Goberno presidido por Pedro Sánchez. Garzón, por un lado, leva meses dicindo que se debe comer menos carne, o que prexudica seriamente ao sector gandeiro lucense; por outra parte, pon en dúbida a calidade da carne española, galega e lucense que se exporta a todo o mundo, co conseguinte prexuízo para o sector”.
Para Castiñeira, “é verdadeiramente vergonzoso que os dous grupos que conforman o goberno provincial non poñan un límite a este ministro, que, hai que repetilo, está prexudicando os intereses dos nosos gandeiros”. Un prexuízo, destaca o portavoz popular, que aínda ten maior incidencia “nun momento, como o actual, no que as políticas do Goberno central, as súas decisións, a súa estratexia enerxética está danando moito os intereses do sector”.
Para os populares, “non se poden xustificar de ningunha maneira esas declaracións do ministro, que danan a imaxe do noso excelente produto e nun momento no que necesitamos aumentar os prezos de venda e para elo é fundamental a imaxe”.
Castiñeira sinala: “O ministro Garzón leva moito tempo facendo declaracións en contra do sector cárnico español, e polo tanto, do galego. Cremos que o Partido Socialista e o BNG están equivocados neste sentido. Non se pode xustificar que alguén trate de mesturar a carne de excelente calidade de Galicia con outro tipo de produtos. España é un país con moitos controles e a carne pásaos todos. No PP quedamos abraiados por esa xustificación de PSOE e BNG do ministro Garzón, un ministro que vai en contra dos intereses dos gandeiros lucenses”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



