Ribadeo, 26 de xaneiro 2022. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo preguntará na sesión plenaria do vindeiro venres as actuacións previstas polo goberno local en relación á aparición de vertedoiros incontrolados, o desbroce das zonas verdes e estado da maquinaria municipal.
“Cada vez existen en nuestro municipio más vertederos incontrolados”, manifesta a vicevoceira, Elena Sierra. “Nos gustaría saber cuando piensa actuar el gobierno del BNG”, engade.
Os populares tamén preguntarán “por que cuando se desbrozan las zonas verdes y las cunetas no se recoge la basura que hay en ellas, quedando esparcida por el suelo”.
No apartado de preguntas, o Grupo Municipal Popular tamén se interesará polo “lamentable estado de la maquinaria municipal, ya que la que no reside permanentemente en un taller, entra o sale de este cada poco”.
A popular indica que “estos asuntos denotan un grave problema en el cuidado del medio ambiente en nuestro ayuntamiento, incluso cuando el concejal del ramo tiene una dedicación exclusiva”. Nese mesmo sentido, pregúntase “como pueden ir a Fitur a presumir de todo lo que trabajan, cuando la realidad es otra totalmente distinta que se puede ver en el día a día: contenedores sucios, calles sin baldear, zonas recreativas sin cuidar… Este gobierno toca a su fin”, conclúe.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


