Ribadeo, 19 de xaneiro de 2021. Concello de Ribadeo e Acisa mantiveron nas últimas horas unha xuntanza para abordar os próximos meses de traballo conxunto en diferentes actuacións relativas ao comercio á hostalería e ao turismo. No encontro participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, a técnica de Turismo, Begoña García, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez.
Segundo informan o encontro de traballo entre ambas entidades buscaba abordar a axenda dos próximos meses, relativa ás diferentes accións de comercio, hostalería e turismo que se prevé desenvolver.
De forma inmediata anuncian a presenza de Ribadeo en Fitur, cunha delegación conformada por representantes do Concello de Ribadeo e de Acisa, que manterá unha ampla axenda de reunións nos próximos dous días, nos que os técnicos e representantes ribadenses se encargarán de promocionar Ribadeo como destino turístico de gran relevancia, ante axencias de viaxes e os diferentes profesionais asistentes á feira.
Concello e Acisa comezaron os contactos sobre a elaboración do novo convenio anual de colaboración para unha futura firma do mesmo, que permitirá a asociación de comerciantes ribadense, a través do financiamento municipal, desenvolver un gran numero de actuacións de dinamización.
A este respecto, tanto Acisa como o Concello destacan o compromiso e a intención para a realización do mellor Ribadeo Indiano posible neste 2022, sempre que as circunstancias o permitan e adaptado ás mesmas. Ambas entidades teñen consignado presuposto para dito evento e amosan o seu desexo de que neste novo ano se poida celebrar, polo que nas vindeiras semanas comezarán os primeiros contactos ao respecto.
Concello e Acisa reafirman a súa intención de traballar cóbado con cóbado durante este 2022, co fin de promocionar Ribadeo como destino turístico singular e dinamizar o seu comercio e a súa hostalería.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



