Ribadeo, 20 de xaneiro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, mantiveron esta mañá en Madrid unha xuntanza co director xeral de Sepes, para darlle un impulso ao polígono industrial ribadense. O rexedor cualificou o encontro de agradable, prometedor e ilusionante. E subliñou que hai unha vontade firme de Sepes para facer unha revisión á baixa dos prezos dunha serie de parcelas co obxectivo de darlles saída, agora que a economía se empeza a mover.
O alcalde dixo que “esta xuntanza que acabamos de ter foi moi agradable, moi prometedora e moi ilusionante. Tivemos un encontro co director xeral de SEPES e co seu equipo, entre os que estaban o director comercial e o director xurídico, para darlle un impulso pendente ao polígono industrial de Ribadeo, que é un parque empresarial moi ben situado, con todos os servizos e de primeira calidade, pero ten un eiva importante: uns prezos de mercado actuais que non son todo o atractivos que deberían”.
Suárez Barcia explicou que “plantexamos todo isto e desde logo vemos a vontade firme para darlle un cambio importante a curto prazo. De feito comprometéronse a facer unha revisión á baixa dos prezos dunha serie de parcelas para poder darlles saída, agora que precisamente a economía parece que se empeza a mover e hai unha serie de liñas de axuda importantes para que novas iniciativas económicas poidan crearse. E queremos que o parque empresarial de Ribadeo sexa un aliciente para que se monten novas iniciativas económicas”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “debemos agardar uns días a que no consello de administración de SEPES, que é a entidade pública propietaria do solo industrial, se aproben estes cambios. E oxalá que dentro de poucos días poidamos dicir que este foi un bo día para Ribadeo”.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



