Viveiro, 20 de xaneiro, 2022. Aos poucos meses de aprobarse a moción do BNG para baixar a siniestralidade en Covas, a Xunta de Galiza dende a AXI (Axencia Galega de Infraestruturas), mostraba a súa conformidade á proposta nacionalista e mandaba ao Concello de Viveiro un proxecto elaborado para mellorar a seguridade viaria nesta estrada que atravesa Cantarrana.
A día de hoxe e meses máis tarde, María Lourero continúa sen remitirlle resposta algunha á Xunta de Galiza, retrasando as obras de mellora, así como tampouco fixo nin cumpriu co apartado número 3 da nosa moción que insta ao Concello de Viveiro a xestionar o uso de solares privados dispoñíbeis en Cantarrana como aparcadoiros públicos provisionais, medida que aumentaría de forma considerable o número de prazas de aparcamento na zona.
A concelleira do BNG Míriam Bermúdez, preguntou neste pleno de xaneiro polos avances desta moción, mais para a alcadesa parece ser unha ardua tarefa a de xestionar solares privados como aparcadoiros públicos, e así o confirma o feito de que pasase un ano desde a aprobación da moción sen ningún avance por parte da administración que rexenta.
Míriam Bermúdez afirma que “é unha mágoa que Cantarrana non conte con máis prazas de aparcamento pois son mínimas as xestións. É unha medida moi sinxela de aplicar e extendida en numerosos concellos, utilizando diversos métodos legais como o comodato ou préstamo de uso”.
Ocultación de datos
Ademais da pouca disposición do PSOE de Viveiro por respectar os acordos plenarios, tamén hai que sumar a ocultación intencionada de información relevante ao BNG.
Míriam Bermúdez preguntoulle á alcaldesa por que non lle fora remitido ao BNG un escrito que fixo o propietario dun solar, quen especificou no propio documento que fose remitido a todos os membros da corporación municipal. No escrito, o propietario solicitaba que se lle tivese en conta ou seu solar despois de máis dunha década prestándoo gratuitamente para o seu uso público como aparcadoiro nas inmediacións do Colexio de Covas.
María Loureiro non contestou nin ao propietario do solar ao escrito rexistrado nas dependencias do Concello, nin a pregunta de Míriam Bermúdez formulada na sesión plenaria.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



