Lugo, 25 de xaneiro de 2022. O BNG levou ao Pleno Provincial unha moción en demanda dunha lexislación que rescate os dereitos laborais eliminados pola reforma do Partido Popular en 2012. Na iniciativa, a formación nacionalista reclama ao PSOE e Unidas Podemos a tramitación do Real Decreto Lei aprobado en decembro como Proxecto de Lei para acordar, no ámbito parlamentar, un texto novo que recupere, entre outros aspectos, as indemnizacións por despedimento improcedente e a necesidade dunha autorización administrativa previa para os ERE´s.
Na exposición da moción, o voceiro nacionalista Efrén Castro lamentou que o goberno do PSOE e Unidas Podemos “defraudara as ilusións depositadas pola clase obreira na derrogación da reforma laboral do Partido Popular” e instou aos partidos do Goberno do Estado a “mellorar o texto coas emendas que o BNG, e outros grupos cos que coincidimos nestas demandas, presenten no Congreso”
Nesa liña, fixo fincapé na necesidade de recuperar a indemnización de 45 días por despedimento improcedente; a autorización administrativa previa da autoridade laboral no caso dos Ere,s -algo que, lembrou, fortalecería a posición dos traballadores en casos como o de Vestas -;a prevalencia dos convenios sectoriais sobre os de empresa, en todos os aspectos, ou a prevalencia dos convenios provinciais e autonómicos sobre os estatais.
“O texto aprobado polo Goberno do Estado frea a perda de dereitos pero non os recupera”, concluíu o deputado nacionalista, engadindo que “o BNG defenderá os dereitos de traballadores e traballadoras en todos os foros políticos nos que ten representación”
Fronte á posición de PPdeG e PSdeG que votaron en contra desta iniciativa para mellorar o texto lexislativo, ro voceiro nacionalista enfatizou que “os dereitos laborais son fundamentais nun estado social, non unha utopía – como sinalara antes do deputado popular Agustín Vaamonde-.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



