Santiago de Compostela, 21 de xaneiro, 2021. A portavoz de Facenda do BNG, Noa Presas preguntou ao goberno que medidas vai poñer en marcha para frear o desmantelamento das oficinas da AEAT en todo o territorio galego, “mentres no se avance nas competencias da Axencia Tributaria Galega”.
A nacionalista salientou a preocupación dos traballadores e traballadoras das delegacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria que dende o ano 2000 sufriu un recorte de persoal do 43,7% coa conseguinte “perda de calidade no servizo”.
Tal e como recollemos na iniciativa, explicou a portavoz de facenda do BNG, “Galiza non ten capacidade fiscal e normativa plena, unha boa parte das actividades tributarias e dos impostos que pagan os galegos e galegas son de xestión estatal e corresponden a este organismo e a pesar de contar coa ATRIGA”. As tarefas referidas á recadación de boa parte dos impostos dos galegos e galegas depende do organismo estatal, “unha estrutura que nace nos 90, xa consolidada e referencia para calquera cidadá á hora de cumprir coas súas obrigas facendísticas”.
Trátase, polo tanto, dun servizo público que debe dar cobertura ás necesidades de información e xestión da cidadanía no ámbito tributario, que implica unha grande responsabilidade e complexidade para as persoas non expertas que conduce a que “cada vez máis galegos e galegas delegan este tipo de tarefas en xestorías”.
Acontece coa AEAT como coa banca, vanse reducindo servizos e imposibilita, xunto cunha dixitalización mal entendida e pervertida coa desculpa da covid-19, a asunción de moitas persoas de xestións menores ou puntuais que teñen que acabar delegando.
A xuízo da deputada, o desmantelamento das oficinas responde á intención do goberno de Feixóo “campión da externalización” da función pública e das empresas ao que sumou a “recentralización” en detrimento das unidades existentes no territorio galego.
Presas preguntou cal vai ser o futuro dos puntos dependentes das delegacións de Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña en: Betanzos, Carballo, Cee, Ferrol, A Coruña, Ortigueira, A Coruña, Ribeira, Santiago de Compostela, Foz, Monforte, O Barco de Valdeorras, Carballiño, Celanova, Verín, A estrada, Ponteareas, Tui, e Vilagarcía de Arousa, ante a redución do seu persoal por mor dos procedementos de mobilidade convocados pola AEAT e a maior xestión telefónica e telemática.
Tras a intervención da directora da Axencia Tributaria de Galicia, ATRIGA, Vitoria González Vázquez que responsabilizou desta situación ao goberno do Estado, a deputada do BNG cualificou a resposta de “decepciónante e contraditoria” ademais de constatar como “o goberno galego non mudou a súa posición ante unha administración que agravia a Galiza no ámbito tributario”.
A súa resposta, recalcou Presas, confirma que o goberno galego non ten ningunha intención de frear o desmantelamento das oficinas e desmonta a propaganda que o PP fai da “ boa colaboración” entre a ATRIGA e AEAT.
A deputada lembrou que non foi pechado ningún posto de atención pero recalcou que “se perderon más de 170 postos de traballo que prexudicou a prestación de servizos”.
Neste sentido, propuxo ao goberno galego dirixirse ao goberno central para demandar que as administracións en Galiza da AEAT recuperen, como mínimo, os índices de traballadores e traballadoras do ano 2000 para garantir , en igualdade de condicións ao longo do territorio galego, a atención presencial ao público para o asesoramento e servizos que presta.
Por outra parte, tamén propuxo ao Partido popular “abandonar a permanente queixa e unha relación epistolar estéril co goberno do estado” e elaborar un estudo do “deterioro” da ATRIGA e das competencias que deben ser reclamadas a Galiza para o seu desenvolvemento pola axencia.
“Dende o BNG apostamos por un maior peso da Axencia Tributaria galega fronte a AEAT” e dunha “ maior autonomía fiscal ” e lamentamos que o Partido popular continúe actuando na dirección contraria, concluíu.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



