Lugo, 24 de Xaneiro de 2022. Os deputados lucenses no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro xunto ao senador César Mogo valoraron hoxe o investimento de 3.900 millóns de euros adicados á politicas de vivenda impulsadas polo Goberno de Pedro Sanchez. Asi si o fixeron trala aprobación no último Consello de Ministros de dúas medidas importantes en materia de vivenda e que benefician especialmente á mocidade. Por unha banda, o Bono de Aluguer Xuvenil, e por outra, o Plan Estatal de Vivenda 2022-2025.
Os socialistas lucenses afirman que estas medidas supoñen unha axuda para os colectivos vulnerables, e sobre todo, para aos máis mozos. Sinalan que o Plan de Vivenda 2022-2025 recolle medidas dirixidas ás situacións máis vulnerables: como por exemplo persoas sen fogar, afectadas por desafiuzamentos ou que viven en precariedade. Neste último asunto, o Goberno marcouse o ambicioso obxectivo de acabar co chabolismo en España.
Por outra banda, o paquete de medidas tamén inclúe o aluguer e compra de vivenda nos concellos de menos de 10.000 habitantes para loitar contra o despoboamento, ademais do impago do seguro de aluguer que garante ao propietario o cobro do aluguer correspondente a unha anualidade e alivia aos inquilinos expostos a dificultades económicas inesperadas.
“A outra medida aprobada, o Bono de Aluguer Xuvenil, contempla unha axuda de 250 euros mensuais durante dous anos. Entre os requisitos para ser beneficiario figuran ter uns ingresos inferiores ao triplo do IPREM e un prezo de aluguer que non supere os 600, podendo ascender esta cantidade nalgúns casos ata os 900 euros”, sinalan os socialistas.
Os socialistas convidan aos mozos e mozas lucenses a solicitar o bono estatal para o acceso a vivenda, que beneficia a todos os contratos realizados a partir do 1 de xaneiro de 2022. “Con eles, insistimos, demóstrase a sensibilidade social do Goberno de Pedro Sánchez, xa que con estas medidas facemos fronte á crise económica e as problemas dos cidadáns. Por iso é preciso advertir dos 475 millóns asignados nos últimos orzamentos do Goberno do PP de Rajoy, aos 3.900 millóns das contas deste ano. Estamos diante da partida máis grande destinada á vivenda da historia de España”, argumentan.



















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



