Ribadeo, 10 de febreiro, 2022. Este sábado 12 de febreiro ás 12 da mañá e dende a estación de autobuses de Ribadeo, a plataforma Modepen A Mariña, convoca a todos os pensionistas e xubilados da Mariña a unha manifestación que percorrerá unha gran parte das rúas do centro de Ribadeo e á que acudirán compañeiros das zonas de A Coruña e Ferrol.
Esta convocatoria faise coincidindo co resto das plataformas a nivel estatal e que no caso galego vai facerse en Cangas (Pontevedra) e Ribadeo.
Os motivos principais radican na insatisfación xerada pola aplicación dun IPC medio e non real, o que fai que cada vez mais perdamos máis poder adquisitivo (uns 3 puntos este ano).
A non equiparación das pensions máis baixas ao salario mínimo.
A reivindicación duns servizos sociais públicos e de calidade, con especial atención as persoas máis necesitadas.
Á oposición aos intentos de privatización das pensións etc.
Por todo esto, esperamos o apoio do maior número de persoas á convocatoria do sábado que sairá da estación de autobuses de Ribadeo ás 12 do mediodía.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



