Lugo, 15 de febreiro de 2022. A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, presentou a programación organizada pola área de Cultura arredor do Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora.
A área de Cultura ofrece a concellos, asociacións e centros educativos un catálogo de actividades que inclúe representacións teatrais, intervencións artísticas e exposicións, que se sumarán á oferta didáctica dos museos da Rede Museística Provincial.
Maite Ferreiro explicou que “se trata de propostas moi diversas, que se adaptan a diferentes espazos e públicos, que invitan a achegarse á figura e a obra de Rosalía de Castro desde unha perspectiva actual, reivindicando o seu papel como autora cabeceira da literatura galega pero tamén como referente na defensa das mulleres, dos dereitos sociais e da lingua e da cultural”
“Con este catálogo de propostas, queremos seguir involucrando ao tecido asociativo pero tamén aos concellos na revalorización da figura de Rosalía e seguir impulsando o carácter popular, festivo, e tamén reivindicativo co que se ven celebrando o Día de Rosalía desde hai unha década”, sinalou a responsábel de Cultura.
A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, itinerancia polas comarcas
O 23 de febreiro inaugurarase na Praza de San Marcos a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”, unha mostra promovida pola Fundación Rosalía de Castro e comisariada por Pepe Barro que recolle a historia dun logro colectivo como foi a musealización da Casa da Matanza, en Padrón, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.
Trátase dunha exposición exterior artellada arredor dunha estrutura de aluminio encrucillada, que suxire un espazo doméstico, e que recolle, a través de imaxes de gran formato e breves texto, a historia da Casa de Rosalía en seis capítulos.
A mostra permanecerá en San Marcos durante tres semanas e, a finais de marzo, iniciará unha itinerancia que a levará a outras sete localidades.
Unha lámina e un caravel, agasallo dos museos da Rede polo Día de Rosalía
Ese mesmo día, os catro museos da Rede Museística Provincial – o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Fortaleza de San Paio de Narla- agasallarán as visitas caravel e unha reprodución dun gravado de Antonio Mourín, cun deseño inspirado no poema “Quixente tanto, neniña” de Cantares Galegos. As láminas poderán recollerse no horario habitual de apertura dos museos.
Dúas montaxes sobre Rosalía, en xira polas comarcas
A programación da área de Cultura arredor de Rosalía tamén inclúe representacións das obras teatrais “Libre coma os paxaros”, de Teatro do Atlántico, e “A viaxe de Rosalía”, de Larraitz Urruzola, que teñen como nexo estaren inspiradas na obra e na figura da autora.
A montaxe de Teatro do Atlántico, protagonizada pola actriz María Barcala, bota man de textos de Rosalía de Castro, proxeccións e música de Vadim Yukhnevich, para debullar o pensamento da autora que declara non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa e adopta unha posición de compromiso coa lingua do seu país e de denuncia da traxedia da emigración ou das condicións de vida das mulleres.
“A viaxe de Rosalía” é un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, representado pola narradora e titiriteira Larraitz Urruzola que, con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, achega ao público á biografía da autora e a parte da súa obra.
Murais homenaxe a Rosalía de Castro
O muralismo terá un ano máis o seu lugar nesta programación cultural. Rubén Paz, Ana Santiso e Pablo Lage, coñecido como Van Kraft, realizarán murais homenaxe á autora en distintos espazos públicos, atendendo ás peticións de concellos, asociacións e centros escolares. En total, realizaranse nove intervencións artísticas.
Actividades nos museos
Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, a Rede Museística Provincial de
Lugo ofrece unha programación de actividades didácticas que terán como eixo central os
conceptos de “terra” e “migración”, fundamentais na obra da poetisa. Os catro museos da Rede acollerán obradoiros entre o 19 e o 26 de febreiro. Cómpre inscrición no enderezo electrónico concertacionsrmp@gmail.com
Ademais, o mércores 23 de febreiro as comunidades dos catro museos uniranse virtualmente nunha lectura conxunta da obra de Rosalía de Castro, a partir das 12.00 horas.
A Rede Museística tamén porá a disposición de centros educativos e familias unha unidade didáctica sobre Rosalía de Castro, que poderá descargarse na web comunidadermpl.es
Colaboración coa AELG
A Vicepresidencia da Deputación sumarase aos actos organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) o día 23 de febreiro no Parque de Rosalía de Lugo (12.00 horas): unha ofrenda floral, a lectura do manifesto “Semetando pensamentos” e unha lectura pública de poemas e textos de Rosalía de Castro,























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



