Viveiro, 4 de febreiro de 2022. O consumidor enfróntase cada día a novos modelos de negocio, a riscos e abusos fronte aos que precisa contar con asesoramento técnico. O grupo municipal do PP de Viveiro presentará na próxima sesión plenaria unha iniciativa para instar ao goberno municipal a reabrir canto antes, a maior brevidade posible, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), da que Viveiro se viu privado hai uns tres anos.
O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, di que en Galicia hai unhas noventa OMIC, en concellos de moi distinto tipo. Mentres, e a pesar de que os populares solicitaron, ao principio do mandato, a reapertura deste servizo, Viveiro continúa sen contar con el. “É verdadeiramente inexplicable que nunha cidade como esta non estea operativo esta oficina. E máis tendo en conta os tempos que corren, nos que se multiplican os abusos aos que se enfronta os consumidores”.
Rodríguez destaca que, igual que outros moitos concellos galegos teñen OMIC, tamén Viveiro debe tela, ten que tela. “Son moitas as queixas dos veciños por non ter un servizo ao que acudir presencialmente cando se enfrontan a problemas fronte aos que precisan asesoramento, para, se fora o caso, tramitar a corresponde reclamación”.
Rodríguez tamén di: “Levamos máis de tres anos sen que funcione a Oficina Municipal de Información ao Consumidor. O goberno local non fixo nada para resolver este déficit, a pesar de que nos primeiros días deste mandato pedimos que se adoptaran as medidas adecuadas. Agora é urxente activar ese servizo; en caso contrario, a alcaldesa, María Loureiro (PSOE), terá que explicar por que mantén esa carencia”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



