Ribadeo, 4 de febreiro de 2022. Namórate do Comercio de Ribadeo é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o Día de San Valentín neste 2022. Acisa Ribadeo sortea 3 experiencias que constan cada una de elas de dous días de desconexión (1 noite mais almorzo) para dúas persoas a escoller entre 2800 estancias nacionais.
Tal e como explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “os establecementos terán a disposición dos seus clientes as rifas do sorteo para entregárllelas por cada compra realizada. As rifas están debidamente numeradas do 0 ao 5.000. Para participar no sorteo deberase realizar unha compra en calquera dos locais asociados a Acisa Ribadeo. As compras non terán importe mínimo establecido, pero debemos dicir que cada negocio so terá 50 rifas para entregar nestes días da campaña. Por cada compra realizada o establecemento debera entregar unha ou varias rifas, dependerá do importe da compra, establecerase mediante criterio de cada comerciante. As rifas deberán estar debidamente selada por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou traseira.As rifas poderanse atopar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo do 5 ao 13 de febreiro de 2022”.
E engade: nesta ocasión sorteamos 3 caixas regalo, que constan cada una de elas de 1 noite mais almorzo para dúas persoas a escoller entre 2.800 estancias. O sorteo non será presencial. Realizarase a porta pechada nas oficinas de Acisa Ribadeo ás 12:00 horas do luns, 14 de febreiro, mediante un sistema de xeración de números aleatorios, de xeito individual cada un deles. O momento do sorteo será emitido a través do facebook da asociación. Tras o sorteo Acisa dará a debida publicade mediante un comunicado, en redes sociais, na nosa web, prensa escrita, prensa dixital e radios”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, indica que “os gañadores dos premios coas rifas agraciadas no sorteo terán ata o dia 21 de febreiro para presentarse nas oficinas de Acisa a recoller o premio, de non facelo perderá o dereito sobre el e considerarase premio deserto. De quedar algún premio deserto o dia 22 de febreiro farase un segundo sorteo coa mesma mecánica e haberá un segundo prazo de recollida ata o 28 de febreiro”.
As oficinas de Acisa Ribadeo permanecerán abertas os días laborables de 09:30 a 14:30 horas. Están situadas na Rúa San Roque 57 – Baixo. Calquera aspecto destas bases, poderanse ver afectadas co fin de adaptarse a posibles restricións, cambios normativos ou afeccións derivados da Covid-19.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



