Xove, 16 de marzo, 2022. Dada a gran importancia dos últimos achados arqueolóxicos do municipio de Xove: círculo lítico de Lavandeiras (o máis grande de España), mámoa de Guilán, (a maior da comarca), e os relevantes resultados da primeira fase da escavación no castro de San Tirso, o Concello segue a consolidar a aposta por valorizar o seu patrimonio arqueolóxico. A segunda fase da escavación do castro de San Tirso, proxectada para este ano 2022; a adquisición das ruínas da antiga capela e a próxima restauración que o Municipio vai acometer neste xacemento, son só algúns exemplos desa aposta do Concello de Xove polo valor histórico das súas paisaxes, e por desenvolver unha oferta cultural única e de calidade que resulte atractiva para un turismo desestacionalizado e interesado neste aspecto.
Por este motivo, o Concello vén de revisar os xacementos arqueolóxicos catalogados no seu territorio. O traballo dos arqueólogos de NOSO Cooperativa consistiu nunha primeira fase de revisión das informacións documentais. Unha vez recompilada a información levouse a cabo un traballo de revisión in situ dos xacementos coñecidos co obxecto de localizalos correctamente, rexistrar a información relevante sobre os mesmos para a súa identificación, descrición e avaliación do estado de conservación, e documentalos
fotograficamente. A información sistematizouse nunha serie de fichas de catalogación que inclúen os datos de todos os bens, a súa delimitación cartográfica, así como un glosario catastral de cada un deles.
Coa finalidade de achegar este traballo ao público xeral, os arqueólogos redactaron unha obra de carácter didáctico, ilustrada, para que calquera persoa, dende os maiores ata os máis novos, poda comprender e situar historicamente os vestixios máis significativos do patrimonio arqueolóxico do municipio. O Concello de Xove presentará nas vindeiras semanas esta atractiva publicación, coa que pretende fomentar o coñecemento da súa cultura patrimonial e o aprecio pola mesma que adoita derivar del. Achegar o patrimonio á xente, é a mellor forma de favorecer a preocupación pola súa conservación.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



