Foz, 10 de marzo de 2022. A calidade das obras reflicte ben a calidade dos gobernantes que as deciden. No caso de Foz, unha e outra vez queda de manifesto que as obras que promove o equipo presidido polo socialista Fran Cajoto non son un exemplo de esmero na vixilancia da súa execución. Así o sinala a concelleira popular Verónica Soto, que demanda do goberno local que faga corrixir as deficiencias detectadas nas obras no entorno do campo de fútbol de Malates.
Soto sinala: “Unha vez máis temos que denunciar as chapuzas do señor Cajoto. Neste caso as obras que se fixeron na área de Deportes, que goberna o BNG, concretamente na zona de Malates. Fixéronse varias obras a cargo da Deputación de Lugo, unha delas para colocar unha malla antivexetación no talude e aos poucos días xa está totalmente descolocada”.
A mesma concelleira asegura que “dá unha imaxe moi mala, de que as obras nin se fan correctamente nin son debidamente vixiadas polo equipo de goberno. O peor de todo é que se gastan cartos e non son eficaces”. Os populares, á vista da situación, piden “ao equipo de goberno que canto antes adopte as medidas necesarias para arranxar as deficiencias”.
Verónica Soto di: “Esta serie de obras tampouco convence especialmente á comunidade de usuarios do campo de fútbol de Malates, que se queixou, e así o trasladamos nun pleno. O equipo de goberno quería semillar nun dos laterais céspede, que probablemente necesitará mantemento e acabará descoidado, e despois podería semillar parte do campo artificial”.
Os populares apuntan que “aínda que os cartos sexan doutra institución, solicitamos ao alcalde que os administre ben, que non faga chapuzas e que canto antes repare os desperfectos que hai e que non debería haber”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.


