Viveiro, 25 de marzo de 2022. Os gobernos, de calquera ámbito, están obrigados a tomar decisións. Cando deixan de facelo, cando intentan aprazar a solución dos problemas, é síntoma de que son gobernos que cansaron, que quedaron sen ideas e que xa só esperan o momento de poder deixar a responsabilidade da xestión dos asuntos públicos. En opinión do portavoz popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, iso é o que lle ocorre ao goberno local presidido por María Loureiro. A xestión económica do Concello, sinala Rodríguez, é unha clara mostra da falta de ganas de traballar do goberno local. Acaban de aprobar a iniciativa presentada polo PP para efectuar melloras no polígono industrial, recoñecendo así que presenta numerosas deficiencias, e din que a situación económica do Concello non lle permite intervir agora. “E din isto despois de deixar perder durante cinco anos as subvencións da Xunta para a mellora de parques empresarias”.
Segundo expuxo o PP no pleno, entre outras necesidades do polígono de Landrove están o aumento de iluminación, a cobertura de internet, o incremento do número de contedores para a recollida do lixo, así como a dotación de sinalización tanto interior como exterior do parque. Óscar Rodríguez sinala: “Este goberno sen ideas e totalmente esgotado deixou pasar cinco ocasións de conseguir subvencións da Xunta para a mellora de parques empresariais. Subvencionan un 85% ata un máximo de 120.000 euros; incluso é posible conseguir un adianto do 25%. Que se lles pasara a primeira convocatoria, non sendo xustificable, podería ser entendible; pero é que pasaron todas as convocatorias e non se acolleron a ningunha. E dicir, pasaron 600.000 euros por diante da porta do Concello e non se molestaron en pedir nin un euro”.
Rodríguez destaca que o polígono industrial de Landrove é de competencia totalmente municipal e está nun estado case deplorable. Sinala: “Falan de que economicamente non poden abordar a mellora do polígono, pero levamos cinco anos e ningún deles se pediu as subvencións que hai dispoñibles”. Lembra que o goberno local deixou perder tamén subvencións para outros fins.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



