Ribadeo, 1 de abril de 2022. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, presentou hoxe a axenda para o segundo trimestre do ano que arrinca esta fin de semana co concerto de La Porteña Tango, cos Cantos de Taberna e con teatro o domingo. Música, teatro, exposicións, unha nova edición de Letras no Campo, a feira ribadense do libro, que se celebrará arredor do día das letras galegas, e a Festa do Apego conforman a programación cultural do Concello para os meses de abril, maio e xuño.
A edil ribadense dixo que “presentamos esta guía cultural do Concello de Ribadeo para os meses de abril, maio e xuño, e esperamos que sexa do agrado da veciñanza e das persoas que nos visiten. Coma sempre pretendemos a calidade nas propostas, con variacións nos temas e nos públicos”.
Pilar Otero contou que “a música pode considerarse a columna vertebral deste trimestre. Esta mesma fin de semana, o sábado concretamente, a partir das oito da tarde hai dous eventos. Un é o concerto de La Porteña Tango, a formación musical arxentina cunha grandísima repercusión en audiencia en Europa e outro a cita anual cos Cantos de Taberna, que xa chegan á quinta edición. Ademais temos teatro. O trimestre tamén está complementado cos nove concertos-audicións do alumnado que organiza a EMMDR. Así, utilizando espazos diferentes, unhas veces na propia escola, outras no auditorio e outras no teatro imos poder asistir a partir das 20:00 horas ás exhibicións de canto, piano, guitarra, vento metal, vento madeira, acordeón, percusión, música tradicional e danza”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “tamén imos ter os concertos fixos desta época do ano da Banda nas celebracións de Semana Santa e as Letras Galegas e o festival de fin de curso da Escola Municipal de Música e Danza. Mabel Flores actuará no quiosco do parque, e Rafa Fernández volve co seu formato de concerto audiovisual para darnos a coñecer en Suárez o fantástico fotógrafo de Allariz, cuxa figura aínda está por descubrir en grande parte”.
Otero Cabarcos referiuse tamén ás propostas teatrais: “dentro do teatro afeccionado, o ciclo Cultura nas Parroquias, despois de levar con moito éxito os contos de Paula Carballeira a Covelas, Ove, Couxela e Vilaframil, programa unha función de teatro do grupo Axóuxeres de Vilaronte na Escola de Rinlo. Dentro deste mesmo ciclo iniciamos neste mesmo mes de abril un proxecto moi ambicioso, unha actividade interxeneracional, que terá como centro a escola das Anzas e que combina a música e o teatro nun obradoiro que se estenderá ata o mes de decembro, impartido polo músico, compositor e actor Mano Panforreteiro”.
A edil de Cultura manifestou que “tres colectivos culturais, un con cincuenta anos de historia e outros dous de creación recente colaboran na nosa programación para este trimestre. A Agrupación Cultural Francisco Lanza para o 23 de abril ten prevista unha excursión a tres lugares emblemáticos da provincia de Lugo: a casa museo de Manuel María, o monumento tardorromano de Santa Eulalia de Bóveda e o museo universitario da Domus do Mitreo. Tamén organizará en xuño a vixésima edición das súas Xornadas de Historia Local. O colectivo As Vacas Fracas o 14 de abril representa Ay Carmela no auditorio municipal. E a asociación cultural Tecedeira organiza as primeiras xornadas etnográficas. E proposta por outra asociación cultural, a asociación Irmandamento de Ribadeo, en colaboración coa asociación Vagalumes da Estrada, teremos a exposición arredor da obra de Castelao As cruces de pedra na Bretaña na sala de Turismo e durante a segunda quincena de maio”.
Pilar Otero indicou que “o teatro profesional, da man como colaboradores da AGADIC iniciámolo este domingo, 3 de abril, cunha das compañías das que máis gusta ao noso público, Talía Teatro, baixo a dirección nesta ocasión doutro grande nome da escena galega, Cándido Pazó. Xuntos achégannos a súa visión dun clásico moderno, Morte accidental dun anarquista, de Darío Fo. Tamén por primeira vez, e con Iria Pinheiro como protagonista, unha proposta músico teatral, o Galician Trad Cabaré FALA-ME, de Nelson Quinteiro Producións. Engadimos tamén a montaxe Alén, da compañía teatral A Formiga Producións, coa idea de darlle cabida ás propostas de compañías de nova creación. Arredor de Rosalía de Castro e patrocinada pola área de Cultura da Deputación de Lugo, Teatro do Atlántico ofrece en Ribadeo Libre coma os paxaros”.
A concelleira nacionalista engadiu que “da Área de Turismo chegan neste trimestre propostas moi interesantes. Experiencias de cultura gastronómica que xa teñen un longo percorrido como o Ribadeo de Tapeo, de turismo vivencial como a novidosa proposta O Renacer do Cantil, e como non o Ribadeo Ilustrado, que escolle como motivo central esa época de tanta pegada na nosa historia local”.
Pilar Otero anunciou “unha nova edición de Letras no Campo, a feira ribadense do libro, que terá lugar arredor do Día das Letras Galegas e que será obxecto dunha presentación particular. E rematamos coas nosas propostas para as crianzas. En primeiro lugar, a Área de Mocidade organiza para as vacacións de Semana Santa unha programación de actividades no parque San Francisco. E no mes de xuño, mudamos o lugar habitual das nosas propostas para o parque do Xardín e alí faremos a Festa do Apego, con Xoán Curiel e Charo Pita, deleitando ás familias para celebrar que o proxecto en Ribadeo xa ten sete anos de vida”.






















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.


