Lourenzá, 6 de abril de 2022. O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acolle o 14 de abril, día de Xoves Santo, o festival Vilou Spring Fest, que ten como prato forte a actuación da orquestra Panorama, pero tamén participarán o grupo Nueva Fuerza e os DJ Billy e Dani Rego. Este evento está organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá. As entradas, que teñen un prezo de 10 euros, xa están á venda en varios establecementos.
As actividades do Vilou Spring Fest comezarán coa 7ª Reunión Amigos de VespaFaba & Clásicos Lourenzá, que a partir das 09:00 horas terá unha xuntanza dos participantes no Cantón, ás 12:00 sairán para facer unha ruta, ás 13:00 horas haberá unha sesión vermú e ás 14:30 reuniranse nunha comida no restaurante Baos.
O festival musical arrancará ás 22:30 cos DJ Billy e Dani Rego, para as 23:30 horas está programada a actuación de Nueva Fuerza e pechará Panorama.
O evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López; Manolo Goas, da asociación Conde Santo; e Francisco Pico, de Espectáculos Pico.
Manolo Goas destacou que “por fin vamos poder recuperar o noso Vilou Spring Fest, que levábamos dous anos esperando para poder facelo e agora parece que mellorou a situación da pandemia. Entón eu penso que non hai mellor sitio para poder recuperarnos desta gran crise que tivemos e celebralo na Vilou Spring Fest. A actuación estelar é a Panorama e temos tamén dous DJ, que son Dani e David Billy, e ademais estará Nueva Fuerza, que é un grupo xuvenil con moito tirón e ritmo para que a xente disfrute. Penso que a xente despois do que pasou ten unhas ganas de festa impresionantes. Ademais vai ser unha das primeiras actuacións da Panorama este ano, a segunda na Mariña será esta, e iso vai ter un tirón importante. A Vilou Spring Fest é unha das mellores festas da zona, esta é a súa terceira edición pero visto a proxección que leva penso que vai chegar a ser un festival referente na Mariña”. Ademais agradeceu a axuda do Concello, que “colaborou con nós en todo o que lle pedimos” e tamén a de Espectáculos Pico, que “fai o posible para que esta festa se leve a cabo”.
A alcaldesa comentou: “estamos ultimando os preparativos para esta nova edición do festival en colaboración coa asociación Conde Santo, que son os que organizan este festival. Celebramos que despois destes dous anos de parón se poida volver un pouco á normalidade, agardamos que sexa un evento por todo o alto. Eu creo que, igual que en edicións pasadas, vai asistir moita xente porque despois da pandemia hai ganas de festa.
Para Lourenzá é unha data importante e animo a todo o mundo a asistir. Ademais quero agradecer sobre todo o traballo que fai a asociación Conde Santo, que tamén son os encargados de organizar as festas patronais e con este evento buscan darlle un impulso a eses festexos”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



