A Mariña, 27 de abril de 2022. Indignación e gañas de seguir loitando. Así resumen alcaldesas, alcaldes e voceiros socialistas da Mariña o seu estado de ánimo despois da traizón que Alberto Núñez Feijoo, o vicepresidente Francisco Conde e toda a cúpula da Xunta lle fixeron á comarca luguesa da Mariña. Unha comarca que é unha das principais produtoras de eucalipto de España, e que recibira a promesa de Feijoo de instalar a factoría de Altri para paliar a grave crise industrial que está a padecer.
Os socialistas sinalan que “das tres peticións de reunión da Mancomunidade de Concellos da Mariña para traballar de forma leal para a ubicación da planta, o silencio sempre foi a resposta. Silencio que tamén están a manter a presidenta provincial do Partido Popular en Lugo e tenente de alcalde de Mondoñedo Elena Candia, así como o voceiro da Deputación e exalcalde de Foz Javier Jorge Castiñeira, os alcaldes populares de Xove e Cervo Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares e os restantes representantes locais dun Partido Popular que prometeu –e incumpriu- implantar na Mariña a factoría de fibra téxtil de Altri”.
Lembran que esta promesa “serviría para paliar a larga crise industrial da comarca e reverter en parte a nefasta política da Xunta nun sector que é única e exclusivamente da súa competencia. Seguimos sen interesarlle para nada á Xunta”, denuncian dende o PSdeG.
Queren saber “que pensan os representantes populares?”
“O engano desta volta foi maiúsculo, con repercusión non para anos, senón para décadas”. Por iso queren saber “que pensan os representantes populares?. Que opina Elena Candia? Parécelle ben que a planta que emprega eucalipto se ubique lonxe da materia prima?. Parécelle correcto que a Xunta abandone A Mariña?. Dálle igual que 2.500 postos de traballo desaparezan dun plumazo da comarca por obra e gracia de Feijóo, sen ningunha explicación?. Parécelle ben que nin sequera teñan a dignidade de reunirse coa comarca da Mariña despois de 3 peticións por escrito?”, preguntan. E Insisten nas súas criticas “isto é unha decisión política, que nola expliquen, porque nós non a entendemos pero tampouco a aceptamos”.
Alonxar o centro de produción da fibra téxtil dos eucaliptos vai ter repercusións económicas inmediatas nos propietarios forestais, que son numerosos veciños e veciñas da comarca. Alonxar a fábrica de Altri do eucalipto implica un maior custo de transporte, iso vaino a asumir o propietario do monte, venderemos a madeira máis barata e será “grazas” ao PP e a Feijóo.
Reunión hoxe en Viveiro
As alcaldesas, alcaldes e voceiros socialistas da Mariña mantiveron hoxe pola tarde unha reunión de traballo, diante da fabrica de Vestas de Viveiro para evidenciar o declive económico da Comarca, e na que acordaron os seguintes puntos con respecto a este proceso:
-Impulsar mocións en todos os plenarios dos Concellos para esixirlle á Xunta que cumpra o mandato do Parlamento Galego, aprobado no pleno do pasado 8 de febreiro. No que se di textualmente: “que se propicie o seu emprazamento na Comarca da Mariña”.
-Unha recollida de sinaturas nos distintos Concellos para que a Xunta mude a súa actitude, reciba aos representantes da comarca e cumpra o mandato do Parlamento.
-Realizar unha axenda de reunións con sindicatos, silvicultores, sector de transformación da madeira, así como do tecido empresarial da comarca para definir e programar accións a levar a cabo.
Os representantes socialistas da Mariña insisten en demandar explicacións e cumprir o acordado. Por todo isto reclaman, “respecto aos representantes públicos da Xunta de Galicia e solucións á grave crise industrial da nosa comarca. Agora xa non teñen a escusa do goberno central, agora é momento de feitos e non de propaganda. Esiximos respostas”, remarcan.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



