Foz, 26 de abril, 2022. Os Concellos de O Valadouro e Barreiros xunto co Centro de Día “Aloumiños” de Foz, poñen en marcha o programa de apoio “Cuidar(te)”. Un programa dirixido a todas aquelas persoas que coidan, de maneira informal, aos seus familiares maiores.
Coidar pode ser un proceso longo e esgotador, con presenza dunha carga emocional e física.
O obxetivo do programa “Cuidar(te)” é a de facilitar ás persoas que coidan dos seus maiores das ferramentas, coñecementos, habilidades, pautas, … para aliviar a carga do coidado e mellorar a súa calidade de vida, sen descoidar, a atención e o coidado da persoa que atenden.
Coñecer a súa experiencia, escoitar as súas inquietudes, solventar dúbidas e prestarlle apoio e os coñecementos que precise a persoa coidadora. O coidar de nós, como coidadores, tamén é coidar mellor dos nosos maiores.
O programa dará comezo nos próximos días e as prazas serán limitadas. Formarse un grupo de ata un máximo de 8 persoas en cada Concello, Barreiros e O Valadouro.
Os temas a tratar, entre outros, será a xestión emocional da persoa coidadora; coñecementos e pautas para un mellor coidado da persoa maior; recursos sociais dispoñibles; xestión/organización do tempo; etc.
Para iso, contarase coa presenza da psicóloga, Amparo Vizoso García; da terapeuta ocupacional, Reyes Quelle Fra; da traballadora social, Sagrario Fernández; e de varias persoas máis, que aportarán o seu grao de area, e que participaron noutros programas similares; así como, persoal propio do Centro de Día “aloumiños” e do Servizo de Axuda no Fogar “aloufogar”.
Todas aquelas persoas de Barreiros e O Valadouro, que coidan dos seus maiores e desexan participar no programa, deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do seu Concello. No Valadouro ao número de teléfono 982 574 000 e no Concello de Barreiros ao número 982 124 002






















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



