Viveiro, 26 de abril, 2022. A concelleira do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, destaca a tardanza na realización desta Ordenanzas Municipais tan demandandas pola veciñanza e a formación nacionalista, máxime, cando non son textos engorrosos a formalizar e tras ver que o Goberno Municipal cando quere, si saca Ordenanzas case dun día para outro, sen previo aviso e a poucos días antes do pleno. Véxase como exemplo a última ordenanza “Reguladora do uso, conservación e protección dos viais municipais”, aparecida por sorprensa e apenas entregada ao BNG cinco días antes da sesión plenaria na que se levaría a cabo a súa aprobación, sen diálogo previo coa oposición.
Comezamos por lembrar que a veciñanza do noso concello e en especial a que habita no casco histórico de Viveiro e Cantarrá, leva anos agardando por unha ordenanza que regule a contaminación acústica, en especial, desde que o BNG a levou a pleno en setembro de 2019 e saiu aprobada. Unha ordenanza na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas “zona acústicamente saturada” para poder intervir na mellora da calidade acústica medioambiental das mesmas.
Tamén cabe a destacar que en pleno 2022, Viveiro continúa sen unha “Ordenanza de tenza de animas” así como tampouco coa “Ordenanza regulación de uso e aproveitamento das praias”, apesares de que os informes indican que en Viveiro hai máis de 3.000 mascotas. Estas ordenanzas, ben para os amantes das mascotas e ben para os que non gostan delas, permitirán regular a vida en común de animais e persoas, horarios e normas básicas de convivencia, o que en termos xerais é, unha regulación da que todxs se beneficiarían.
Dende o BNG continuaremos instando ao Goberno de María Loureiro, que decida darlle prioridade a estas ordenanzas e poñelas en vigor canto antes para así mellorar, na medida do posíbel, a calidade de vida da nosa veciñanza.






















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



