Viveiro, 18 de abril de 2022. O Concello de Viveiro fai un balance “moi positivo e satisfactorio da Semana Santa”, unha cita moi esperada despois de dous anos de pandemia.
“Todo saiu ben e foi moi emotivo, porque os veciños e os visitantes tiñan moitas ganas de vivir de novo a Semana Santa”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que destaca ademais “a importancia destes días para a economía local e para sectores como a hostalaría e o hospedaxe”.
O tempo foi propicio durante a semana e todas as procesións e actos puideron celebrarse e lucir no seu máximo esplendor. Neste sentido, “cómpre agradecer o traballo da Xunta de Cofradías da Semana Santa e de cada unha das cofradías que, un ano máis, traballaron arreo para que cada unha das procesións saíran á rúa amosando a súa grandiosidade, e permitindo a veciños e visitantes disfrutar duns pasos que destacan pola riqueza patrimonial da súa imaxinería e a súa antigüidade”, engade a alcaldesa.
De entre todos os actos e procesións, houbo un que este ano tivo un significado especial, resultando especialmente emotivo. Trátase do desfile procesional do Prendimiento, no que a Banda de Música O Landro estreou a marcha ‘El Beso de Judas’, con motivo da celebración do 75º aniversario da Hermandad del Prendimiento.
Con respecto á afluencia de turistas, cabe destacar que nestes días Viveiro duplicou a súa poboación e que a ocupación hoteleira no municipio acadou o 100%. Tamén resultou un éxito absoluto as visitas guiadas organizadas pola Concellaría de Turismo, quedando cubertas todas as prazas ofertadas xa dende o pasado luns; destaca, asemade, o elevado número de visitantes nas publicacións que sobre a Semana Santa se realizaron nas redes sociais.
Entre os visitantes que se achegaron á oficina de turismo para solicitar información, cómpre indicar que a súa procedencia foi maioritariamente de ámbito nacional, aínda que tamén se rexistraron visitantes de Francia, Bélxica, Polonia ou Filipinas.
“Quero, finalmente, agradecer publicamente a todos aqueles que fixeron posible, co seu traballo, participación ou asistencia, que a Semana Santa de Viveiro fose un grande éxito”, apunta Loureiro.
A alcaldesa quere facer unha mención especial a todo o persoal do Concello de Viveiro, ao Servizo Municipal de Limpeza e ás forzas e corpos de seguridade (Policía Local, Protección Civil, Policía Nacional, Garda Civil e Bombeiros) polo seu extraordinario traballo, velando en todo momento pola normalidade e seguridade da celebración.
“E por último, neste agradecemento quero citar, de maneira especial, a todos os veciños e veciñas de Viveiro pola súa implicación e por ser, sen dúbida, parte do éxito da nosa Semana Grande, agradecendo o seu carácter acolledor e a súa comprensión polos cortes de tráfico e demais medidas adoptadas por seguridade alterando a súa normalidade. A todos a nosa máis sinceira gratitude”, remata a alcaldesa de Viveiro.

























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.