A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no I Foro Think Tank Turismo, que ten lugar en Ribadeo por vez primeira coa participación de máis de medio cento de profesionais do sector
Ribadeo, 26 de maio de 2022. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou hoxe o valor do turismo na Mariña lucense como impulsor económico da comarca, no marco do I Foro Think Tank Turismo, que tivo lugar por vez primeira en Ribadeo coa finalidade de aunar e potenciar a actividade económica en sectores estratéxicos da provincia de Lugo, no marco da iniciativa Conecta Lugo, que impulsa o Goberno galego.
Na súa intervención, Nava Castro indicou que o Xacobeo é un dos motores da recuperación económica de Galicia e que o Camiño de Santiago é agora unha das mellores opcións para quen busque seguridade e certeza. A directora de Turismo de Galicia destacou o turismo de excelencia, a innovación e a cada vez maior profesionalización do sector, como os eixes que están a permitir avanzar no desenvolvemento dun tecido turístico moderno e competitivo. Neste sentido, Castro fixo especial fincapé na sostibilidade como elemento transversal de todas as iniciativas que se están a desenvolver por parte da Xunta para a consecución destes obxectivos.
Destacou o Camiño do Norte como un dos mellores escaparates do patrimonio e da historia de Galicia ao tratarse dunha das rutas de peregrinación máis antigas, declarado Patrimonio Mundial da Unesco. No que vai de ano pasaron 2.500 peregrinos por esta ruta, que conta xa con 10 albergues da rede pública galega con 405 prazas a disposición dos camiñantes.
Nava Castro reiterou que dende a Xunta “apostamos por un modelo de turismo que se blinda e que ofrece seguridade e calidade. Un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza e descanso como temos na Mariña Lucense, un dos enclaves privilexiados cos que conta Galicia”.
Na súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou que a nosa comunidade “é unha comunidade cun potencial turístico que, debido á súa diversidade de ofertas, non ten parangón”. Neste senso, destacou a enorme oferta cultural que oferta a Mariña Lucense, dende a Ponte do Pasatempo, o castelo da Frouxeira, a catedral de Mondoñedo ata a praia Das Catedrais.
Así, salientou o traballo realizado dende a Xunta de Galicia a través do Plan de Sostenibilidade Turística, mediante o cal búscase a implantación de estratexias encamiñadas ao desenvolvemento e mellora dos destinos turísticos baseadas na calidade e a excelencia. Gracias a este plan, o territorio da Mariña Lucense recibirá 2.3M€.
Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou que o éxito da iniciativa -que completou o aforo dispoñible- “pon de manifesto a vontade dos empresarios do sector por mellorar e ser máis competitivos”.
Gabou “a fórmula das mesas de traballo, áxil e interactiva, que permitiu que os asistentes puideran consultar as súas dúbidas e debater sobre temas de interese común, como as liñas de axuda, o contexto socioeconómico ou os retos de futuro”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



