Estase a falar, e cada vez máis e de xeito máis incisivo, de crise. De crises. Crise de recursos, por escaseza sexa de petróleo ou de terras raras, desas que sabemos que usan nos móbiles pero non sabemos nin como se chaman, entre outras posibilidades. Crise de crecemento, tanto porque non se medra coa velocidade que se pretende como -sobre todo- pola imposibilidade de ter un medre ilimitado nun mundo finito. Crise climática, cun clima variando a partir dunha temperatura en ascenso e producindo unha temperie impredicible e extrema. Crise de contaminación, sexa de plásticos ou química, ou acústica e luminosa, producindo un desequilibrio nas condicións ambientais que non só inflúe na vida ó noso arredor, senón na nosa propia vida. Crise de desigualdade, con algunha persoa tendo máis -cada vez máis propiedades materiais, e, derivado, poder- posuíndo e dispoñendo máis que moitos millóns non xa de ‘desherdados’, senón de persoas que se ven cun certo nivel por riba desas outras ‘desherdadas’. Crise sanitaria, derivada en parte das novas enfermidades que xorden a partir da presión sobre os ecosistemas, pero tamén da falta de apoio e resiliencia social afrontando os desafíos cun ‘primeiro eu, e logo, xa se eso…’ en troques da procura dunha acción conxunta e solidaria, moito máis efectiva a máis de igualitaria. Crise de orientación, con ideas transmitíndose en base a feitos falsos, as célebres fakes, cada vez máis difíciles de distinguir da realidade nas redes sociais. Crise de biodiversidade, extinguindo especies, dende as chamadas ‘salvaxes’ a esa outras que nos alimentan nos mares, e perdendo non só recursos alimentarios, senón tamén a posibilidade de reequilibrio global por substitución parcial e paulatina dunhas especies por outras. CRISE, así, con maiúsculas, suma de moitas outras (as mencionadas e algunha máis) que por separado xa representarían un desafío.
E con tendencia a empeorar.
Os desafíos esixen cambios. Os desafíos a escala humana esixen cambios a escala humana. Os desafíos a escala dunha sociedade, esixen cambios sociais. Unha reconstitución social, primeiro, na estrutura humana, unha nova organización para afrontar as crises. Adaptación social e persoal, demográfica e de xeito de vida… Non se trata de ter un ‘gabinete de crise’ que se poña ó traballo, senón de todos nós, pois todos estamos implicados. E é que, ó final, as crises da humanidade son -ao menos, tamén- crises de humanidade, afectan ó que de humanidade temos cada un de nós.
Para superar as crises fálase de resiliencia. Pero iso, a nivel social, ven dado polas relacións que mantemos, relacións sociais humanas. E, se temos relacións trufadas de cousas como desigualdade, é o primeiro que temos que afrontar: construír relacións humanas para podernos permitir os seus beneficios.
As fakes, a dinámica capitalista, a procura de poder, non axudan. E iso, sexa Ribadeo, Galicia ou o mundo mundial. E mesmo sendo prexudiciais os extremos. Así, por exemplo, a falta de difusión de ideas que se pode dar, propiciada por un sistema social determinado, cerrado, é equivalente en resultado ó predominio da difusión de ideas falseadas, ‘inspiradas’ e ‘interesadas’ que se está a dar nun sistema no que o uso da liberdade vén dado polo poder, non por limitacións legais.
Por certo, nunha situación de crise, o tirarse dos cabelos non sirve de nada máis que de agravante. Fai falta tranquilidade para poder pensar, traballar e aplicar posibles solucións. Se as hai.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



