Lugo, 5 de maio de 2022. Os deputados no Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, explicaron que o Plan de Medidas Urxentes e Extraordinarias en Defensa das Familias e da Economía, proposto polo líder do Partido a nivel nacional, Alberto Núñez Feijóo, e que o Executivo presidido por Pedro Sánchez non quixo debater, beneficiaría ao 80% das familias lucenses e ao 100% dos pensionistas da provincia.
Deste xeito, os deputados instaron ao Goberno a tomar en consideración a gravidade do estado da economía española e a necesidade de aplicar medidas con urxencia. “La situación en la que se encuentra España está muy alejada de los países de nuestro entorno: somos el que más ha caído con la pandemia, el que más va a tardar en recuperar el PIB (un año y medio más que las economías comparables a España)”.
A este respecto, expuxo que temos unha inflación un 40% superior á media da UE, somos o país onde máis creceu a desigualdade e onde máis familias están en situación de vulnerabilidade, onde máis caeu o comercio retallista e vemos como o consumo das familias afundiuse estes meses. A explicación, din os deputados populares por Lugo, hai que buscala en que, sendo certo que houbo unha pandemia e agora hai unha guerra no leste de Europa, nas políticas erróneas de Pedro Sánchez.
Alternativa sensata
Jaime de Olano puntualizou que o plan presentado por Feijóo foi “elaborado tras las conversaciones mantenidas con empresarios, sindicatos, economistas, ex ministros….e e así ata 25 expertos” e seguindo “las recetas que proponen el Banco de España, la AIReF, el FMI, los principales centros de estudios económicos del país (Funcas, BBVA Research, IEE….) y que ha pedido incluso Felipe González en el día de ayer”. Os populares consideran que é “una alternativa sensata, equilibrada, con medidas de efecto inmediato en las nóminas y, lo que es máis importante, una alternativa justa con el esfuerzo que hacen los españoles”.
As grandes liñas do plan inclúen a racionalización do gasto burocrático, redeseño dos fondos europeos para facelos máis útiles e reutilizar os fondos non executados, reformas estruturais a medio prazo para incentivar a actividade económica, baixada de impostos selectiva, inmediata e temporal sobre sectores afectados e para rendas baixas e medias; para autónomos e profesionais a redución da tributación en estimación obxectiva en IRP (módulos). Precisamente, neste punto destacou a aposta da Xunta de Galicia por traer unha empresa da relevancia de Altri á provincia. “Esperamos que el Gobierno no de la espalda una vez más a Lugo y que tenga en cuenta esta inversión en la distribución de los fondos europeos”.
Olano declarou: “Pedimos racionalizar el gasto público, acabar con el despilfarro: No es razonable que, en un momento de profunda crisis económica, cuando las familias, autónomos y empresas se ven obligados a ajustar sus gastos, los españoles nos veamos obligados a mantener el gobierno más amplio y caro de Europa. Esto ni es normal, ni es sensato, ni es justo”.
“España no está para perder el tiempo”
Os populares din que Pedro Sánchez “no gobierna, porque estamos delante de un presidente del Goberno débil, que dirige un Goberno sin iniciativa”. É por este motivo polo que considera que “España no está para perder el tiempo en momentos de crisis como la que estamos a sufrir; los españoles necesitan soluciones a sus problemas y no el espectáculo que estamos a vivir estes días”.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



