Ribadeo, 30 de maio de 2022. O Concello realiza traballos de reposición de árbores e mellora do axardinamento na contorna do Cargadoiro. A concelleira de Obras, Mónica Freire, subliñou que se están a substituír as árbores enfermas ou que supoñen un perigo para os peóns por outras máis axeitadas para esa zona e a súa climatoloxía. E asegurou que os populares teñen á súa disposición desde hai 12 meses o proxecto elaborado polos técnicos municipais.
A edil ribadense dixo que “desde o goberno de Ribadeo estamos moi sorprendidos por estas declaracións do Partido Popular sobre os traballos de reposición de árbores e mellora do axardinamento que se están a facer na zona do Cargadoiro, xa que existe un informe técnico elaborado polo aparellador municipal no mes de xuño do ano pasado, onde se explican as diferentes actuacións que se van a levar a cabo para a obra da mellora da estrada do Faro, que inclúe a senda ciclable”. Para Mónica Freire “como concelleiros da oposición, deberían ser coñecedores deste proxecto e do seu contido, xa que está a súa disposición desde hai 12 meses. A conclusión que sacamos ao ler agora estas palabras de todo desacertadas, é que ou ben non teñen moitas gañas de traballar para saber do que falan, ou ben coñecendo o proxecto aproveitan unha vez mais para confundir á veciñanza”.
A concelleira de Obras subliñou que “nese proxecto, explícase que se vai mellorar esta zona tan transitada do noso concello cunha capa de aglomerado en quente ao longo da estrada do Faro, desde a Avda Calvo Sotelo ata a Praia de Rochas Brancas, seguindo despois ata o encontro coa estrada da Deputación LU-P-5202, implementando un carril bici no tramo desde o aparcamento do Forte de San Damián ata dita praia”.
Mónica Freire explicou que “dentro das actuacións, contémplase 3 puntos de mellora de zonas verdes. Unha primeira no entorno do Forte de San Damián, onde se retirarán 24 eucaliptos, moitos deles con danos de pudrición ou risco de caída, coa intención de sanear esta masa case senlleira. Trátase de traballos de mellora conservación deste espazo, buscando a súa consolidación futura. Neste espazo colocaremos 20 unidades de acivros, unha especie que responde mellor ás condicións meteorolóxicas desta zona. Nunha segunda retiramos 4 chopos, que se atopaban plantados no medio da beirarrúa, e que dificultaban a accesibilidade nesta zona. 3 deles ademais presentaban problemas fitopatolóxicos graves. Neste espazo, os técnicos municipais optaron por repoñer estas árbores que se retiraron por 4 melaleucas, que serán plantadas na zona verde próxima a onde estaban os chopos enfermos. E a terceira zona, é a parte exterior do tramo dende a Avda Calvo Sotelo á capela de San Miguel, onde se retiraron outros 8 chopos, que serán substituídos por 8 corimbias. Ademais plantaranse outras 4 corimbias mais na zona do Cargadeiro”.
A edil nacionalista engadiu que “o que se busca con este proxecto técnico de mellora destas zonas verdes, non é so repoñer mais número de árbores que os que se retiran, senón facelo con toda a seguridade para as persoas e para os equipamentos, retirando árbores que se atopan en mal estado, e usando especies mais axeitadas para as condicións de salinidade e de vento ás que están expostas”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



