Lugo, 9 de maio de 2022. O goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, responsable directo da área de Vías e Obras, é incapaz de manter nas debidas condicións as estradas da rede que depende da Deputación. Agora, moitos veciños de distintas zonas da provincia, expresan ao PP o seu temor de que, como ocorreu o ano pasado, a campaña de desbroce empece tarde e sexa escasa. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, insta a Tomé a planificar debidamente a campaña de desbroce e a aumentar o investimento non mantemento das estradas provinciais, de maneira que as reparacións sexan de calidade e non chapuzas que, lonxe de resolver o problema, agrándano.
Castiñeira sinala: “Unha vez máis queremos transmitir as queixas dos veciños polo mal estado das estradas provinciais, facendo fincapé en dous aspectos. Por un lado, os veciños quéixanse de que hai moita maleza nas estradas provinciais e piden que non pase como o ano pasado, que estiveron sen desbrozar durante todo o verán, co que iso supón de falta de visibilidade en moitos puntos e, polo tanto, de falta de seguridade”. Engade: “O equipo de goberno bota as culpas e responsabilidades sobre a empresa contratada. O que queremos é moita máis previsión e planificación e menos sancións, porque este debe ser o último recurso”.
O portavoz popular tamén di: “Por outro lado, as queixas dos veciños débense o mantemento en si das estreadas, ao contrato de mantemento por lotes, que é absolutamente insuficiente. O goberno provincial vén de anunciar un novo lote; dende o PP transmitimos as inquedanzas dos veciños de que é totalmente insuficiente, porque están quedando sen facer bacheos e os que se fan ao final non resolven o problema, senón que o agrandan. Ao final do que se trata é de parcheos básicos en estradas que están moi mal de firme e que seguen sendo un risco para a circulación”.
Castiñeira deixa unha mensaxe para o presidente da Deputación: “Señor delegado de Vías e Obras, señor Tomé, dedíquese a transitar polas estradas provinciais, especialmente polas que máis dificultades teñen e verá que estes bacheos son insuficientes. Dende o PP pedimos que se aumenten esas partidas para que as empresas de mantemento poidan facer moito mellor o seu traballo e non chapuzas como estamos vendo por toda a provincia”.



















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



