Madrid, 4 de maio de 2022. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, o alcalde de San Tirso de Abres (Asturias), Clemente Martínez Rodil e o alcalde de A Pontenova, Darío Campos Conde, reuníronse co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández, para solicitar a súa colaboración na recuperación da senda verde do ferrocarril.
As vías verdes buscan recuperar os trazados inutilizados de tren, converténdoos en sendas accesibles, cómodas e seguras para ciclistas e peóns.
Nesta reunión, os representantes municipais presentaron os proxectos realizados en 2002 e 2010 ao secretario de Estado. Hugo Morán comprometeuse a realizar un novo estudo da situación actual, xa que nos últimos anos os municipios realizaron actuacións nesta senda ou teñen previsto realizalas.
Neste sentido, os representantes municipais coinciden na necesidade dun proxecto que integre os diferentes tramos existentes e complete os restantes para darlle continuidade de Ribadeo a A Pontenova.
O proxecto suporá un trazado de 30 quilómetros, entre Ribadeo e A Pontenova, de vital importancia para o territorio, xa que implica unha recuperación medioambiental e un revulsivo económico para a zona. Ademais, trátase dun proxecto interautonómico, ao percorrer Galicia e Asturias.
Unha vez realizado o estudo sobre a situación actual, valoraranse as posibilidades de financiamento, así como as entidades competentes, para coordinar entre todas elas os recursos necesarios.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.