Esta exposición fotográfica, que impulsa a institución provincial en colaboración con Cegasal e que estará composta por 24 imaxes, percorrerá as localidades de Lugo, Monforte de Lemos, Sarria, Viveiro, Foz e Vilalba, entre mediados de xuño e setembro
Lugo, 8 de xuño de 2022. A Deputación de Lugo levará a seis concellos da provincia a mostra Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas sobre a inserción laboral das persoas con discapacidade. Así o anunciou este mércores a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, na presentación desta iniciativa itinerante que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, onde estivo acompañada polo presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen Ánimo de Lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez Freire.
A exposición estará composta por 24 imaxes do fotógrafo coruñés Diego Silva, que amosa a capacidade laboral das persoas con discapacidade e que percorrerá os concellos de Monforte de Lemos, Sarria, Viveiro, Foz, Vilalba e Lugo entre mediados do mes de xuño e setembro. Coincidindo coa última parada desta mostra, que terá lugar no Pazo de San Marcos, haberá tamén unha xornada de formación sobre os Centros Especiais de Emprego que será aberta á cidadanía.
“Con esta iniciativa, dende a Deputación pretendemos poñer en valor o traballo que desenvolven as persoas con discapacidade nas empresas. Cremos que un aspecto moi importante para lograr unha inclusión plena das persoas con discapacidade é lograr a súa inserción laboral en igualdade de condicións. Por iso, esta exposición fomenta a sensibilización e a concienciación sobre esta realidade”, sinalou García Porto.
A Deputada remarcou que “estes traballadores e traballadoras son un exemplo claro de que é posible promover unha cultura empresarial inclusiva, que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico”. Engadiu que para a Deputación “é unha honra acoller esta iniciativa e levala pola provincia” porque a mostra “pon o foco nas súas capacidades”.
Destacou que o traballo de Cegasal “concorda plenamente coas políticas sociais que desenvolvemos dende a Deputación de Lugo, para dar visibilidade e para mellorar a calidade de vida e a integración a todos os niveis das persoas con discapacidade”. Porque tal e como apuntou García Porto, “as políticas sociais son xa unha sinal de identidade desta institución, e noso compromiso neste sentido, moitas veces suplindo as responsabilidades doutras administracións, visualízase ben nas cifras dos Orzamentos, dos que dedicamos máis dun terzo -34M€- a este tipo de políticas”.
Neste sentido, a Deputada apuntou que “promovemos numerosas accións en materia de políticas sociais, ben de maneira directa, ou ben a través dunha ampla colaboración cos concellos e co tecido asociativo, o que consideramos vital para avanzar cara a igualdade de oportunidades”.
Pola súa banda Vázquez Freire, agradeceu á Deputación a sensibilidade e colaboración á hora de impulsar e albergar esta exposición, e detallou os problemas aos que se enfrontan as persoas con capacidades diferentes á hora de atopar o seu primeiro emprego. “É un orgullo e unha satisfacción a relación que temos coa Deputación de Lugo, porque non é o normal. É moi difícil que as administracións locais e provinciais nos poñan todas as facilidades e este Goberno provincial entendeuno perfectamente”.
Cegasal
Cegasal, a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, é unha organización que se constituíu en Galicia en 1997 co obxectivo de fomentar o emprego de calidade para as persoas con discapacidade e risco de exclusión social. Agora mesmo, Cegasal conta con 35 centros especiais de emprego asociados, isto é, empresas de titularidade privada nas que a lo menos o 70% do cadro de persoal está conformado por traballadores e traballadoras con discapacidade. No seu conxunto facturan uns 44M€ anuais.
Na provincia de Lugo, Cegasal conta con dous centros especiais de emprego, Grafinco e
Productores de Carne da Ribeira Sacra, que dan emprego a preto dunha veintena de persoas con capacidades diferentes.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



