Ribadeo, 1 de xuño de 2022. Hoxe foi presentada a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xuño e que estará centrada na figura de Antonio Raimundo Ibáñez. A programación inclúe un ciclo de conferencias, representacións teatrais, demostracións de oficios tradicionais, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e tamén a técnica de Turismo, Begoña García.
Vizoso Galdo explicou que “vimos de presentar a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que terá lugar os día 10, 11 e 12 de xuño. Trátase dun proxecto pensado para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía ribadense e aos visitantes a importancia dunha época histórica na que tiveron lugar unha serie de acontecementos ao longo dos séculos XVIII e XIX que mudaron o ritmo económico da vila e cambiaron a súa fisionomía urbana, e tamén a nosa sociedade”.
O concelleiro de Turismo lembrou que “levamos tempo traballando nesta marca na que xa se inclúen outros proxectos como os micro vídeos teatralizados, rutas 360, rutas guiadas, visitas teatralizadas, etc”.
E subliñou que “o que pretendemos con esta iniciativa é amosar que Ribadeo era e é terra de mariños, pero tamén de mariñeiros, de xentes do mar, e que conta con moitas particularidades que o fan totalmente diferente. Explícase o que se comercializaba na época, qué embarcacións se empregaban e o modo de vida en terra dos mariñeiros e comerciantes, o seu pasado, a súa linguaxe, etc”.
Pablo Vizoso contou que “nesta segunda edición, a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, personaxe fundamental neste período histórico, será o protagonista indiscutible. Coñeceremos máis da súa vida persoal e profesional, da sociedade na que viviu, da contorna na que medrou, do seu legado, etc. Forman parte do programa de actividades un ciclo de conferencias coa participación de Pegerto Saavedra, especialista na figura de Ibáñez, Francisco Fra,carpinteiro de ribeira e Iker Nogales Astudillo, director do Museo Casa Natal Marqués de Sargadelos, haberá representacións teatrais a cargo de Suso Martínez e Os Quinquilláns, e demostración de oficios tradicionais relacionados coas xentes do mar en diferentes ubicacións do casco histórico de Ribadeo ademais de actividades para os máis pequenos e actuacións musicais pola rúa”.
O concelleiro de Turismo anima a participar na segunda edición do Ribadeo Ilustrado: “polo tanto animo a ribadenses e quen nos visite a reservar estas datas para disfrutar desta nova edición do Ribadeo Ilustrado introducíndonos dunha maneira moi amena nunha das épocas históricas de maior relevancia da nosa vila”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



