Ribadeo, 8 de xullo de 2022. Nas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo tivo lugar a entrega de 1.642 euros á familia ucraína chegada hai un mes á localidade. Esa é a cifra recadada por Acisa na conta aberta para recoller donativos entre os e as ribadenses para axudar a esta nova nai, que fuxiu da guerra xunto a 6 nenos de 2, 3, 4, 10, 11 e 14 anos.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, contou que “hoy en Acisa hicimos entrega del dinero recaudado para la familia ucraniana que hace pocas semanas llegaba a Ribadeo, después de huir de la guerra que sufre su país desde hace más de 100 días. Se trata de una cantidad importante de donativos realizados por las vecinas y los vecinos de Ribadeo en la cuenta que Acisa puso a su disposición para este fin. Son 1.642 euros que van destinados para que esta familia pueda hacer frente a los gastos básicos de su día a día: comida, pañales, material escolar, ropa, calzado…”.
Pérez Prada añadió que “hoy hicimos entrega de ese dinero recaudado a la cabeza visible de esa familia, que es la persona mayor de edad, y que vino acompañada de un miembro de la familia que los ha acogido en su casa en Ribadeo desde su llegada a la localidad”.
Acisa, a parella de acollida e esta familia ucraína agradecen esta importante colaboración económica así como toda a axuda e o apoio que están a recibir: “todos queremos dar las gracias a todos los vecinos y vecinas que han aportado su granito de arena a esta importante cantidad. Estamos sorprendidos de haber podido recaudar ese dinero y gracias también a todas las personas que ayudaron a difundir la campaña y que sabemos que fueron muchas” indicou o xerente da asociación empresarial ribadense.
Con este acto de entrega Acisa dá por concluída a campaña de recollida de donativos para esta familia ucraína, que reside en Ribadeo.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



