Daniel Castro recrimínalle que “nin sequera estea disposto a sentarse a falar”
Santiago de Compostela, 8 xuño 2022. O BNG defendeu no Parlamento galego unha proposición non de lei co obxectivo de impulsar as infraestruturas comprometidas e aínda pendentes na Mariña. Así, o deputado nacionalista Daniel Castro propuxo, por unha banda, que o presidente da Xunta celebre unha reunión cos gobernos municipais da comarca e cos sindicatos que conforman a plataforma Futuro para A Mariña para abordar e axilizar as infraestruturas que corresponden ao Executivo galego, como a VAP San Cibrao-Ferrol e a liberalización do dique norte de Morás para a construción do porto comercial, tendo en conta que o estudo no que se analizou a súa viabilidade foi elaborado por Portos de Galiza.
Por outra, instou ao Goberno do PP a solicitar ao Delegado do Goberno en Galiza unha reunión tamén cos gobernos municipais e a citada plataforma para axilizar de igual xeito as infraestruturas pendentes correspondentes ao Estado, tal é o caso da Autovía A-74, a creación dunha Autoridade Portuaria propia para San Cibrao e tamén a liberalización do dique norte de Morás, no que ao Executivo estatal atinxe.
Castro recriminou ao PP o seu veto a unha iniciativa que cualificou de mínimos: “se non están dispostos nin a falar, mesmo incluíndo nesta proposta ao Estado que ten moito que dicir e sobre todo que facer neste tema; se non están dispostos a que o señor Rueda se sente a falar cos gobernos de todos os concellos e cos sindicatos, que esperanza podemos ter sobre o que pode facer a Xunta do PP na comarca da Mariña? Cal vai ser o futuro desta comarca?”, cuestionou con severidade.
Para o deputado nacionalista, o novo presidente do Executivo galego tiña unha “magnífica oportunidade de comezar o seu mandato afrontando os graves problemas que ten a comarca, en gran medida por culpa do seu goberno” e, neste sentido, recordou que dende a chegada do PP á Xunta, A Mariña sufriu unha década de perda constante de emprego e de industria que supuxo a destrución de, cando menos, 1.000 postos de traballo. Sen embargo, segundo recordou, no seu discurso de investidura nin tan sequera nomeou A Mariña, “nin falou dos seus problemas, nin moito menos das posibles solucións”.
Así pois, Castro subliñou que con esta iniciativa o Bloque lémbralle ao presidente que “a crise industrial da Mariña segue aí, que a crise demográfica segue aí, que as infraestruturas seguen sen chegar e que que menos que, xa que non sae del, acepte a proposta do BNG de reunirse cos alcaldes e alcaldesas de todas as cores políticas e tamén cos tres sindicatos que, ao mellor, teñen algo que dicir”.
Segundo recalcou, “son moitos anos de promesas e 0 resultados por parte da Xunta e por parte do Estado” e, nesta liña, reprochou que despois de distintos executivos de PSOE e PP “seguimos sen A-74” e que despois de 13 anos de goberno do PP na Xunta “seguimos con só 8 Km. da VAP Costa Norte San Cribrao-Ferrol”. A isto engadiu que despois destes gobernos tamén continúa sen liberalizar o Dique Norte, “a pesar de que se aprobasen iniciativas do BNG neste sentido”, e, de igual xeito, “seguimos sen ter Autoridade Portuaria propia, sendo unha excepción en todo o Estado”.
Ao seu xuízo, o máis grave de todo é que, “despois do deserto industrial no que quedou convertida A Mariña, seguimos sen un Plan Industrial única e exclusivamente porque o PP non quere” e reprobou a esta forza política que sexa quen de “acudir á Folga Xeral pola mañá e votar contra o Plan Industrial pola tarde”. “Á comarca non lle valen boas palabras, queren feitos porque levan máis de 20 anos agardando por eles e o que estamos a pedir é algo tan básico como que o presidente deste País se sente a falar cos alcaldes e alcaldesas e cos sindicatos dunha comarca que non pode máis”, concluíu na defensa da iniciativa que, pese aos argumentos do deputado mariñán do Bloque foi vetada polo PP.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



