Anuncian accións legais contra as dúas administracións e a compañía se non se paran as instalacións en 15 días, e advirten de posibles consecuencias penais
A Coruña, 22 de xuño de 2022. A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) e afectados polos parques eólicos de Sasdónigas, no municipio lucense de Mondoñedo, presentaron esta mañá dous escritos dirixidos á Xunta e ao concello mindoniense para esixirlles a paralización, no prazo de 15 días, de todos os muíños que operan nas instalacións da empresa Norvento anuladas pola xustiza.
O coordinador de afectados por parques eólicos de ACOUGA e representante dunha parte dos afectados polo de Sasdónigas, Manuel Germade, salienta que “aínda que as sucesivas sentenzas que anulan as licencias de actividade do parque de Norvento son firmes desde hai máis de tres meses, toda vez que a propia empresa desistiu de calquera procedemento, o parque “segue funcionando a plena actividade, como se nada pasara”.
Nos escritos, explica Germade, “instamos a que a Xunta e o Concello tomen as medidas necesarias para parar a actividade, porque é a súa obriga paralizar negocios sen licenza de actividade”.
“Se non o fan no prazo de 15 días -advertiu- tomaremos medidas legais contra quen corresponda da administración e da empresa, que mesmo poden ter consecuencias penais”.
Os asinantes dos escritos porán tamén os feitos en coñecemento de REDESA (Red Eléctrica de España) para advertirlle de que está mercando enerxía ilegal e, polo tanto, debe desconectar o parque da rede pública. Do mesmo xeito, enviarán notificación ao Ministerio para a Transición Ecolóxica “para que estea informado e sexa vixiante do proceso”.
Germade lembra o dano irreparable xa provocado polos oito muíños, a subestación eléctrica e as vías de evacuación do parque sobre o Camiño de Santiago, un xacemento romano e unha turbeira que conta con protección da Unión Europea, ademais de sobre o conxunto paisaxístico da zona.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



